CREAMOS A NOSA PROPIA FIRMA E COÑECEMOS A UNS ESTRAÑOS CARACOIS!

No día de hoxe coñecemos a firma do noso artista favorito: a sinatura de Henri Matisse! Aproveitando un debuxo que o noso compañeiro Alonso lle regalou á profe, pensamos en diferentes maneiras de decorar o noso nome e así crear a nosa propia rúbrica para plasmar en futuras obras artísticas que realicemos na aula. Demos renda solta á nosa creatividade e á nosa imaxinación e estes foron os resultados finais. Recoñecédelas todas?







Despois disto, visitamos a nosa alfombra para coñecer a Pipo e Pipa, os caracois que Lucía e Roi crearon coa axuda das súas mamás con tea, pinturas e pinceis, cabazas... Estes animais, xunto aos do noso compañeiro Alejandro, déronnos pé a falar de caracois moi diferentes aos que nós coñecemos.


Os de Lucía e Roi recordábannos moito aos caracois xigantes africanos... Son enormes!


A maqueta de Alejandro representaba, por unha banda, aos caracois terrestres cubanos de moitas cores, e pola outra, aos caracois mariños de cor púrpura ou violeta, dos que aprendemos que crean unha baba con burbullas que lles permite flotar e non afundir na auga...



Ademais, unha mestra do colexio de Cabana enviounos un vídeo sobre un caracol moi estraño... Un caracol zurdo! Gustounos moito coñecer a súa historia! Moitas grazas Érica!


Entretivémonos tanto vendo estes e outros vídeos que case nos quedamos sen tempo para alimentar aos caracois do noso caracolario! Por sorte, xusto antes de saír, Lucas puido darlle o tomate, as mazás, a leituga e as rabizas que lles trouxo esta mañá!

Comentarios

  1. a verdad que os hai moi bonitos eh !! aunque estes esteen caracolizados , eu inda non me animo a telos de mascota eh jijiji

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A profe Rocío é das que opina coma ti, pero agora intenta explicarlle iso ao profe Xalo que ve unha idea estupenda ter un caracol xigante africano de mascota na aula 😂😂😂

      Eliminar
  2. Pero que ben escriben xa os seus nomes, que firmas máis chulas, e cantos e diferentes tipos de caracois están coñecendo, que maravilla

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. En maiúscula xa o teñen máis que controlado, nuns meses comezaremos a escribilo en minúscula 🙂 Si, si, na clase de 4 anos estámonos facendo uns caracoleiros expertos 🐌🐚👌

      Eliminar
  3. Que ben escriben os seus nombres. Asi da gusto. Cantas clases de caracois coñecen xa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Escriben os seus nomes e todo o que lle poñas xa 👏👏👏 E si, están feitos uns expertos en caracois! 😃

      Eliminar

Publicar un comentario