SESIÓN DE CINE!

Despois dunha longa semana, esta tarde fixemos unha sesión de cine moi especial na nosa aula xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de 3 e 5 anos. Mentres enchíamos as nosas barrigolas de ricas palomitas, vimos un cachiño de "Turbo", a película que nos trouxo o noso compañeiro Hugo. Como non podía ser doutra maneira, os protagonistas eran uns divertidos caracois! 



E falando de caracois, na aula de 4 anos seguimos coas nosas hipóteses e conclusións sobre a alimentación destes animais. Esta mañá observamos que aos nosos caracois, ademais das cenouras enteiras, tamén lles gustan cortadas en cachiños. Igualmente, descubrimos que lle gusta o interior do tomate, pero pola contra, non comeron a parte exterior. Así mesmo, coa súa rádula rasparon a cáscara do plátano, pero non a banana pelada. Nesta táboa rexistramos tódalas nosas observacións.



O próximo luns veremos se a folla de leituga que trouxo Andrea lles gusta aos nosos caracois, xa que nun libro lemos que esta verdura non lles senta demasiado ben. Aprender a dubidar do que lemos ou nos contan tamén está moi ben, polo que o mellor será comprobalo in situ. Probarana ou non a probarán? E se a proban, ocorreralles algo aos nosos caracois? Nós pensamos que non, xa que moitos vemos caracois sobre as leitugas que temos nas nosas hortas. Pero como non estamos demasiado seguros, esperaremos a luns para ver que ocorre no noso caracolario. (Porque os caracois si poden comer leituga, pero este non pode ser o seu único alimento xa que lles produciría problemas dixestivos como as diarreas, pero disto xa falaremos o luns coa profe)


E un último aviso! A encargada de hoxe foi Aroa Penedo, pero a profe despistouse e esqueceuse de escribirlle aos seus papás na axenda por se a nosa compañeira se olvidaba da súa función para esta fin de semana. Se visitades o blog antes do luns e ledes isto, poderíades axudarlle a Aroa a buscar algún novo alimento (plantas, follas ou verduras) para os nosos caracois? Os Pondaliñ@s de 4 anos estaríamos moi agradecidos!

Agora si, desfrutade destes días de descanso, e xa sabedes... Se atopades calquera cousiña relacionada con caracois non dubidedes en traela ao cole! Estaremos encantados de saber máis sobre estes animaliños que tanto nos gustan!

Comentarios

  1. A folla era de acelga. A ver como reacionan os caracois. Esperando que non lle faga mal.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Anda, grazas pola aclaración! Pois tanto Andrea, como a profe e os demais compañeir@s convencidos de que era leituga 😂 Seguro que os caracois a aproveitan moito, ningún mal lle vai facer! 🙂

      Eliminar
  2. Andrea veu moi contenta porque foi o cine.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alegrámonos moito! Faremos algunha máis ao longo do curso 😉

      Eliminar
  3. A acelga e a lechuga comena moi ben..que mo digan a minnn q me saquearon o invernadero jijijijij !!!que suerte estes pondaliños!,cine,palomitas....ROI chegou e dixome,ponme a peli de turbo que na vimos toda!! jijji

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Jajajaja, pois supostamente a leituga en exceso prodúcelle diarrea aos caracois 😂 Mira que é este rapaz... Pois na clase nada máis empezar Roi protestou porque "Turbo" xa a vira, que se non había outra 🤣 Como xa sei de que pé coxea, díxenlle que se non quería vela podía chamarte para que o viñeras buscar e marchar para a casa. Pronto cambiou de opinión, que non pasaba nada, que a volvía ver 😆

      Eliminar
  4. e moito Roi pa un Roi solo...jiiijjiji

    ResponderEliminar
  5. Que maravilla palomitas e peli, quen fose neno para volver en esta época o cole😍😍
    Tendes no voso caracolario en caracois moi lambóns jejeje

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A profe xa sabes que deixa entrar a papás e mamás sen problema na aula, así que se un día te animas podes vir facernos unha visita e compartir peli con nós 😋 Si si, lambóns, lambóns. Non deixan nada! 😂

      Eliminar

Publicar un comentario