ANIVERSARIOS DE OUTUBRO!

Hoxe estamos de celebración! O noso compañeiro Mario faise maior e cumpre 4 anos! Aquí o tedes coa súa coroa e coa súa chapa conmemorativa no noso marco dos aniversarios!


Por suposto, tódolos Pondaliñ@s o felicitamos, e aquí estamos con Teo, que tamén se quixo unir á nosa celebración!


Xa nos nosos lugares, cantámoslle o "Cumpleaños feliz" mentres Mario sopraba as súas catro velas!


Despois disto, o que tocaba era encher as nosas barrigolas co saboroso biscoito de chocolate e lacasitos que cociñou a mamá do noso compañeiro!





Iso si, os Pondaliñ@s de 4 anos non fomos os únicos invitados a esta celebración. A mamá e a avoa de Mario tamén quixeron compartir este momento con el!


Moitos parabéns e a cumprir moitos máis! Agardamos que che gustasen os nosos agasallos!

Comentarios

  1. Feliz cumple Mario 🎉🎉🎉🎉🎂🎂🎂🎂!!! Como lles gusta celebrar os cumples no cole cos seus compañeir@s, que ben o pasan e que boa pinta esa tarta😋😋😋😋

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A tarta estaba boísima, e como somos uns larpeiros papámola enteira. Non quedaron nin as mingallas 😋

      Eliminar
  2. Felicidades mario, alejandro dixo que esta boisima

    ResponderEliminar
  3. Moitas gracias de parte de Mario!!!foi un día moi movido, xa vos podedes imaxinar.Sorprendeume toda a aula coa formalidade q tiñan,a profe Rocío enseñalles moi ben como comportarse coas visitas polo menos😂😂.Alegrome de que a tarta lles gustara ainda q se nos quedou algo escasa q non calculo eu para tanto larpeiriño.jajaja

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. JAJAJAJA, son moitos pero son bos, e na clase pórtanse moi ben case sempre porque a profe é bastante pesada con iso. Temos que mellorar nos patios e no comedor, pero iso tómano con máis calma 🤷‍♀
      E pola tarta non hai problema, en 5 anos hai outra oportunidade 😋 Por sorte, sempre nos quedarán as galletas 😂

      Eliminar

Publicar un comentario