SEMANA DO SAMAÍN: CORREDOR DO TERROR E MOITO MÁIS!

No día de hoxe continuamos coas sorpresas de Samaín... Nada máis entrar ao colexio os primeiros sorprendidos fomos nós cando vimos os atuendos e as maquillaxes terroríficas de mestres e compañeiros! Aquí nos tedes aos Pondaliñ@s de 4 anos na nosa versión máis medorenta!


E falando de medo, onde algún de nós pasou moito foi no túnel do terror que tódolos anos prepara Teacher no seu corredor! Desta vez os sustos déronnolos uns zombies que saían de ataúdes, pallasos, noivas cadáver e outras personaxes ben medorentas, caixas e bebidas misteriosas... Aquí nos tedes antes de entrar!


Como non queríamos que máis monstros nos asustasen, a profe contounos que os podíamos facer desaparecer cun feitizo coma os que fan os bruxos e bruxas de Samaín. Antes de nada, escoitamos esta canción para ver como esta bruxa creaba a súa pócima máxica e así coller algunha idea para a nosa!


Feito isto, démoslle renda solta á nosa creatividade e á nosa imaxinación e verbalizando todo o que sabemos sobre o Samaín decidimos que a nosa pócima estivese composta polos seguintes elementos: rabo de rato (Alejandro); patas de araña (Alonso); cabelo de bruxa (Andrea); sangue de zombie (Aroa P.); cacho de lúa (Aroa V.); pelo de monstro (Brais M.); cabeza de esqueleto (Brais P.); raios de sol (Hugo); lingua de morcego (Izan); dentes de vampiro (Leila); boca de monstro (Lucas); brazo de vampiro (Lucía); nariz de fantasma (Mariña); unllas de can (Mario); ollo de pallaso (Marta); á de buxo (Martina); luz de estrelas (Naia); berro de "go away" (Nizar); ollos de gato (Noa); man de morto (Roi); anaco de cabaza (Xabi); e perna de boneca (Zaira).

Xa pola tarde, cada un coloreou o elemento que propuxo, introduciuno no noso caldeiro dos feitizos, e todos xuntos fixemos o conxuro para espantar a calquera monstro que estivese polo colexio... Funcionaría? Pensamos que si, xa que ao saír da nosa aula non nos atopamos con ningún! Que sorte!



E isto non é todo! O recreo de hoxe foi moi animado, xa que durante a media hora que durou estiveron soando cancións de Samaín que todos xuntos puidemos bailar! Ademais, un carriño da biblioteca saiu ao noso patio para que os que quixésemos puidésemos ler algunha historia de Samaín!




E xa para finalizar o día, recibimos a visita dos nenos e nenas de 6º de Educación Primaria, que nos viñeron propoñer o "Trick or treat?". Despois de facernos uns divertidos trucos, a cambio démoslle unhas chuches, aínda que nós tamén levamos algunhas para as nosas casas porque somos uns larpeiriños e unhas larpeiriñas!


VÉMONOS XOVES CON MÁIS SORPRESAS!

Comentarios

  1. buffff poñiades moitoo mieediitooo!!!non creo que ningún mounstro se atreva a entrar nese cole!!! un dia moooii animadooo !!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Esperemos que o xoves cando volvamos non quede ningún agochado! 👻👻👻

      Eliminar
    2. Que guay o pasan. Enamoreime do pelo do pequeno chuki

      Eliminar
    3. Cando hai disfraces todo é festa! 👏👏👏

      Eliminar
  2. Que xeniais estabades!!!!q día mais divertido!!!!Mario veu medio traumado con un paiaso cuns dentes que non articulaba palabra cando baixou do autobús,pero vendo como bailaba no video penso eu que era algo de conto😂😂😂

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. JAJAJAJA, Mario asustouse coa nena disfrazada de pallasa no túnel do terror, pero a perna da profe todo o cura 😂 En canto saímos do túnel xa se lle pasou e estivo todo o día ben, así que un pouquiño de conto ao mellor si que era 🤡😂

      Eliminar
  3. Medo pasaron polo menos naia q di q chorou, pero como traballades doses geniakes

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A pobre Naia xa se asustou cando nos viu a todos disfrazados, logo no túnel do terror, outra vez cando subiu para ir á clase de música, tamén cando fixemos o conxuro e xa por último cando viñeron os nen@s de 6°... Definitivamente, o Samaín non é a súa festa 🙈 Menos mal que agora xa chega o Magosto e non hai nada medorento 👏👏👏

      Eliminar
  4. E moi medosa, non me avisou q ERA Encargada e Non levou comida para os caracoles

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Non te preocupes, a culpa tamén foi miña por non escribir na axenda, pero esta semana de Samaín foi súper movida 😵 Para a semana escríbovos na axenda para avisarvos do día exacto que lle toque traer comida a Naia! 😊

      Eliminar

Publicar un comentario