DEBULLAMOS!
Antes de explicarvos a divertida actividade que fixemos esta tarde, queremos comentarvos que os nosos caracois seguen moi ben alimentados. Esta mañá observamos que aos nosos novos compañeiros de aula lle gustaron tódalas froitas e verduras que lles trouxo Hugo, excepto o brécol e o kiwi, dos que non comeron nadiña. Hoxe, Lucía tróuxolle novos alimentos. Os nosos amigos comerán de novo berzas, uvas, plátanos e cenouras, e probarán por primeira vez a mazá e a mandarina. O luns veremos que lles gustou e que non...
E para rematar esta semana, decidimos realizar unha actividade propia da época do ano na que nos atopamos. Se a semana pasada comemos moitas palomitas, este venres tocou debullar o millo! A profe tróuxonos 23 mazarocas, e antes de nada diferenciamos as súas partes: os grans e o cadolo. Desta maneira achegámonos un pouquiño máis ao outono, coñecemos ou recordamos unha actividade tradicional da zona e melloramos a nosa motricidade fina! Pasámolo estupendamente, e cos grans que debullamos e o cadolo que quedou espido seguiremos traballando a próxima semana. Que faremos con eles? Moi pronto o descubriredes!

Que divertida actividade. Andrea chegou a casa contentisima.
ResponderEliminarAlegrámonos moito 😊
EliminarBos días!!!! A ver esos caracois se lles gustou enton a mandarina e a mazá. Que boa actividad a de debullar o millo, os avós de Lucía encantados que ahora xa teñen axudanta jajaja...
ResponderEliminarA mazá papárona pero das mandarinas non son moi amigos... Que ben, que sorte teñen eses avós 😊
Eliminar