O CARACOL EQUILIBRISTA!

Esta fin de semana a profe Rocío foi de compras e hoxe trouxo novos xogos á nosa aula! Despois das rutinas do encargado, estreamos o primeiro deles... Un xogo de equilibro onde con moito tino e moita paciencia tivemos que construír a cuncha dun caracol seguindo as cores que nos tocaban ao tirar o dado! Precisamos de dúas quendas para participar os vinte Pondaliñ@s que hoxe viñemos ao cole, e das dúas creamos a cuncha sen que se nos caese ningún cilindro!

Pasamos a mañá realizando algún que outro traballiño na nosa mesa, coñecendo máis da letra "u" e ampliando o noso "Libro dos Caracois". Xa pola tarde, coma tódolos luns, visitamos a biblioteca da nosa escola, e alí coñecemos o segundo xogo do día: uns Halloween story cubes ou dados de crear historias de Samaín. Mentres os demais líamos contos, a mestra chamaba a un pequeno grupo para que inventase e escribise parte da historia que entre todos e todas crearemos para conmemorar esta festividade que tanto nos gusta.



Comezaron Alonso, Martina e Brais Martínez coa primeira páxina do noso conto de Samaín. Nos dados apareceu un fantasma e unha tea de araña. Grazas a eles, a nosa historia comeza así: "Había unha vez unha araña que vivía nunha tea de araña e que quería picar a un fantasma".


Seguiron Nizar e Aroa Penedo, aínda que a este grupo tamén pertence o noso compañeiro Mario. A eles tocoulles unha vela e un ataúde, e así seguiu a nosa historia: "O fantasma foi a un ataúde a coller unha vela".


Brais Pérez, Noa e Roi tiraron o dado e do que deles saíron foi un morcego e un Uuh uuuhh. Con isto, o noso conto de Samaín continuou así: "O ataúde estaba na cova dun morcego. Ao velo o fantasma asustouse e dixo Uuh uuuhh".


Os seguintes foron Lucas e Zaira, aínda que a este grupo tamén pertence a nosa compañeira Marta. Coa tirada de dados alí viron un ollo con patas e unha bruxa con vasoira, e a nosa historia así avanzou: "O fantasma tamén se asustou dun ollo que quería comer a vasoira da bruxa".

Hoxe non nos dou tempo de máis... Continuaremos mañá, así que estade atentos ao blog se queredes saber como segue este conto de Samaín!

Xa para rematar o día, a nosa compañeira Aroa Vega alimentou aos nosos caracois con esa cenoura que tanto lles gusta!

Comentarios

  1. Que xogo mais divertido!!!moi ben o pasades😁😁. Moito me gusta a idea de ese conto ideado por toda a aula.Mañan xa irá Mario o cole que hoxe estabase recuperando de unha gastro q lle atacou o finde😷.Noraboa a todolos Pondaliños e A profe por todo o q fai con eles👏

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. O xogo do caracol gustoulles moito e xa o temos instalado no recanto dos caracois para que poidan xogar cando queiran 🐌 O conto de Samaín seguro que lles queda fenomenal, a ver con que final nos sorprenden 🎃 E por suposto que mañá ten que vir Mario ao cole, que nunca se viu un cumple sen o cumpleañero 😂

      Eliminar
  2. asi calquera vai contento o cole!!! quen fora nenooo!! pero que guaii !! cantas cousiñss! deeando conocer o final desa historiaaa de medooooooooooo jijijiji

    ResponderEliminar

Publicar un comentario