Se no día de onte visitamos o planetario portátil, esta mañá era a quenda dunha exposición espacial! Si si, o que escoitades! Queredes coñecer todo o que alí vimos? Agora mesmiño volo contamos! Comezamos a sesión coñecendo a Isabel, unha gran experta do mundo espacial. O primeiro que fixo foi falarnos dos astronautas e da súa vestimenta. As prendas que usan xa as coñecemos, pero descubrimos como son as capas que os protexen do frío extremo, ou como son os tubiños que os refrescan cando a calor é excesiva. Así mesmo, descubrimos como chega o osíxeno da mochila ao interior do traxe espacial. Súper interesante! Logo, continuamos aprendendo máis sobre a súa alimentación no Espazo. Xa sabíamos que toda a comida a levaban da Terra, e que esta tiña que ir envasada ao vacío, que non podían ser alimentos que producisen migas ou que tiñan que beber por unha palliña... O que nunca antes fixéramos fora ver esta comida en persoa, e hoxe conseguímolo! Había queixo, café, puré de froitas e un tor...