EXISTEN OS EXTRATERRESTRES?

No día de hoxe recibimos unha nova mensaxe de Valentina Tereshkova, e nela pediunos que investigásemos máis sobre un dos temas que máis nos gusta: a vida extraterrestre. Uns opinamos que si existen os alieníxenas, outros que isto non é posible; pero o certo é que ata o momento non temos proba algunha de que existan, mais o universo é infinito... Quen sabe?


Ademais, aproveitamos para mostrarvos tódolos avances do noso mapa! Estamos a piques de conseguir que a nosa astronauta favorita regrese á Terra e isto alégranos un montón!


Así mesmo, queremos contarvos que fai uns días tivemos unha visita moi especial na nosa aula... O martes estivo con nós Leo, o irmán maior do noso compañeiro Roi. Tróuxonos o seu gran telescopio e explicounos o seu funcionamento, pero como era de día e estaba o ceo cheo de nubes, moito non chegamos a ver... Iso si, sentímonos como Galileo Galilei por uns minutos! Moitísimas grazas Leo, volve cando queiras!






Así mesmo, informámosvos tamén que desde fai unhas semanas estamos ampliando os nosos coñecementos matemáticos... Avanzamos na comparación de números e coñecemos novos símbolos matemáticos: maior que, igual que e menor que. E puxémolo en práctica con xogos manipulativos, na PDI e tamén con algún que outro traballo escrito. Aquí nos tedes en plena acción, e aquí vos deixamos unha páxina na que os Pondaliñ@s poden seguir xogando cos números: https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/matematicas/comparar-ordenar-numeros



E isto non é todo... Tamén nos estamos iniciando na resta, e non se nos está dando nada mal! Por suposto, seguiremos a voltas con estes e outros moitos xogos nos vindeiros meses. Aquí vos deixamos algunhas imaxes e tamén un link a diferentes actividades: https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/matematicas/restas





E isto foi todo por esta semana... Pero os últimos cinco días de trimestre serán moi movidiños! Estade ben atentos, teredes novas diarias no blog dos Pondaliñ@s!

Comentarios

  1. Que intriga esta semana,jajajajaja. Cantonaprendentes estes nenos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Só podemos dicir que o imos a pasar moi ben! 😃

      Eliminar
  2. Leo encantadisimooo e si co dia nublado pouco se veria,pero xa saben como se usa jijijii

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Siii, aos Pondaliñ@s encantoulles a visita de Leo e que nos deixase usar o seu telescopio un anaquiño 😍😍😍

      Eliminar

Publicar un comentario