CONCERTO DIDÁCTICO DE NADAL!
Esta mañá visitamos o Edificio das Escolas para desfrutar dun concerto didáctico de Nadal co que nos agasallou o concello. A interpretación musical correu a cargo do trío formado pola voz de Clara Jelihovschi Panas, o piano de Iago Mouriño Román e o contrabaixo de Pablo Pérez Sanmamed. E con eles viaxamos no tempo grazas aos "Clásicos Disney" que nos levaron de 'Mickey Mouse' a 'Frozen', pasando por 'Brancaneves', 'O Mago de Oz', 'Pinocho', 'Cinsenta', 'Alicia no país das marabillas', 'A Bela e a Besta' e 'Pocahontas'.
Aquí nos tedes aos Pondaliñ@s de 5 anos máis que preparados para que comece a función:
Pero nós non fomos os únicos convidados a esta celebración! Tamén estiveron con nós os Pondaliñ@s de 3 e 4 anos e os nenos e nenas de 1º e 2º. Aquí nos tedes xunto ás nosas compañeiras e compañeiros de Educación Infantil:
E aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi a actuación desta mañá:

Comentarios
Publicar un comentario