VISITAMOS O PLANETARIO!

A mañá do día de hoxe comezou visitando a biblioteca da nosa escola, onde xa nos estaba esperando un vello coñecido que sempre nos vén saúdar por estas datas. Chegou desde as montañas do Caurel e o vindeiro 24 de decembro visitaranos de novo, mais desta vez para apalparnos as barrigolas e deixarnos algún que outro agasallo. Claro, estamos falando do Apalpador! Que alegría volver a velo!






E falando do Nadal... Aquí vos deixamos a panxoliña que estamos ensaiando coa mestra Sheila e que lle cantaremos aos Reis Magos este venres:



Ao volver á nosa clase quen nos estaba esperando era Valentina Tereshkova cunha nova mensaxe! Querédela escoitar? Aquí vola deixamos! Por suposto, puxémonos en marcha para completar a súa misión e polo momento estamos resolvendo as súas cuestións con gran éxito. Se seguimos así pensamos que esta semana a nosa astronauta favorita poderá regresar á Terra!


E para rematar a xornada, visitamos o pavillón da nosa escola. Alí nos estaba esperando un gran planetario no que un gran experto nos falou do Sol, das súas manchas e doutras moitas curiosidades relacionadas coa nosa estrela; aprendemos máis sobre os movementos de rotación e traslación da Terra, e a nosa compañeira Zaira transformouse no noso planeta para poder entender mellor o paso do día á noite; realizamos un xogo no que tiñamos que buscar constelacións; e tamén descubrimos aspectos moito interesantes de tódolos planetas do Sistema Solar. Ademais, puidémoslle preguntar ao experto tódalas nosas dúbidas e falar de todo o que fomos aprendendo estes meses sobre o Universo, como nos pediu Valentina Tereshkova esta mesma mañá. E non sabedes o mellor de todo! O gran experto que estivo con nós coñeceu a Valentina Tereshkova, pero non en vídeo nin en foto, de verdade, estivo con ela, ao seu ladiño! Quedamos impresionados e fascinounos esta visita. Ao saír do planetario, escoitouse unha frase que dixo unha Pondaliña e que resumía á perfección este sentimento: "Profe, isto témolo que facer máis veces que me superencantou". E mañá máis e mellor... Espéranos unha gran exposición espacial!

Polo momento, aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi a sesión de hoxe no planetario:

Comentarios

  1. bueno vaia semana mas completa,asi veñen que non paran de contar todo todito,,Roi escribir a carta o apalpador ...sisiii..que ahora quere regalo de papa noel e apalpador....non quere solo de un....jajajajaj e o do planetario fliparian seguro seguroooo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Siii, estamos a tope! Cada día unha ou varias cousiñas diferentes! 😊

      Jajajaja, normal! Máis visitas, máis regalos 😛

      E si, co planetario alucinaron, aínda que debemos dicir que coñecían case case todo do que alí falaron! Estanche feitos uns expertos en astronomía! 😍

      Eliminar
  2. O planetario total e superintendente siii Naia tmn dixo q o apalpador traia un ou dous regalos q liooo apalador, papa noel os reis xa non sabemoz dia ven cada un, a verdad q da gusto cm traballa este cole cos nenos,

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, o planetario gustoulles moito! 😍

      E Naia díxoche a verdade, o Apalpador comentoulles que só podían pedir un ou dous agasallos como moito porque tiñan que compartilos cos demais nen@s de Galicia! 😉

      Eliminar

Publicar un comentario