SESIÓN DE CINE!
O Nadal está cada vez máis preto, e como cada ano, todo o alumnado do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso visitamos o cine de Carballo para celebrar o fin deste 1º trimestre! Nesta ocasión, a película escollida foi a de "Ralph rompe internet". Desfrutámola moitísimo!
Por suposto, para ir ata Carballo tivemos que montarnos no bus. E canto nos gusta isto!
Xa en Carballo, sentamos na nosa butaca. Xa estabamos listos para que empezase o filme!
Iso si, unha sesión de cine non está completa sen unhas saborosas palomitas!
Agora si que si, xa estabamos máis que preparados para que dese comezo a película e coñecer a historia de como Ralph rompeu internet!
Ademais, aproveitamos para contarvos que esta mañá, antes de saír cara Carballo, conseguimos rematar as nosas pegadas espaciais. Se Neil Armstrong deixou a súa na Lúa, os Pondaliñ@s de 5 anos non podíamos ser menos!
vaia semana mas diver ,asi calquera vai o cole jijijiji
ResponderEliminarE mañá máis e mellor! 👑🐫👑🐫👑🐫
EliminarQue semana mais ffantastica. Non podo ir eu o come tamen jajajajaja
ResponderEliminarSiii, estano pasando fenomenal! 😊
Eliminar