ATA PRONTO BRENDA!
A pesar de toda a alegría que tiñamos ante a chegada dos Reis Magos e o inicio das vacacións de Nadal, o de hoxe tamén foi un día un pouquiño triste... O prácticum da nosa profe Brenda rematou e esta mañá foi a última que estivo con nós.
Como a imos a botar moito de menos, quixemos facerlle uns pequenos agasallos para agradecerlle tódolos momentos que vivimos con ela, todo o que nos ensinou e axudou, e tamén tódolos agarimos que nos regalou.
Nunha gran caixa agochábase un libriño de debuxos feito por tódolos Pondaliñ@s, o conto de 'Adiviña canto te quero' cunha bonita dedicatoria, unhas fotiños para que sempre recorde o seu paso pola nosa escola e uns bombóns para endulzar este momento. Agardamos que lle gustasen moito e que sempre se acorde de nós!
Brenda, pola súa banda, tíñanos preparada unha caixiña sorpresa da que tamén sacamos uns agasallos: uns lapis flexibles e unhas gomas de cariñas diferentes. Moitas grazas! Gustáronnos moito!
Como a imos a botar moito de menos, quixemos facerlle uns pequenos agasallos para agradecerlle tódolos momentos que vivimos con ela, todo o que nos ensinou e axudou, e tamén tódolos agarimos que nos regalou.
Nunha gran caixa agochábase un libriño de debuxos feito por tódolos Pondaliñ@s, o conto de 'Adiviña canto te quero' cunha bonita dedicatoria, unhas fotiños para que sempre recorde o seu paso pola nosa escola e uns bombóns para endulzar este momento. Agardamos que lle gustasen moito e que sempre se acorde de nós!
QUERÉMOSTE MOITO PROFE BRENDA! VEN PRONTO DE VISITA!
Que non se lle olvide vir de visitiña que a van botar moito de menos
ResponderEliminarSeguro que a volvemos a ver moi pronto! 😊
Eliminarque peniñaaa pero seguro que pronto ven de visitiñaaa bicosss
ResponderEliminarSeguro que en nada xa a temos de visita na clase! 😊
Eliminar