NADAL 2018!
O Nadal está chamando ás nosas portas e, como non podía ser doutra maneira, na nosa escola celebrámolo por todo o alto!
Comezamos a mañá recibindo aos Reis Magos e aos seus paxes recén chegados de Oriente!
Para agasallalos, cantámoslle a panxoliña que preparamos coa mestra Sheila! Titúlase "Tres reis en bicicleta" e así foi a nosa actuación:
Seguidamente, puidemos visitar aos Reis Magos e entregarlle as nosas cartas. Eles, a cambio, regaláronnos unha bolsiña de caramelos!
E despois disto, o que tocaba era encher as nosas barrigolas cun chocolatiño quente e un saboroso roscón de reis! Puxémonos as botas!
E logo dun tempiño de recreo... A celebrar o fin deste ano 2018! Non tiñamos uvas pero si tiñamos gusanitos, e tamén serpentinas, música e moitas ganas de festa!
Foi un día diferente e pasámolo estupendamente ben! Vémonos no 2019!
seguro que os reises traerán moitos regaliños a estes pondaliños, e que diver xa celebrar fin de ano jijijiji Feliz ano novo joooo como corre o tempoooooo......
ResponderEliminarSiii, seguro que onte Papá Noel deixou moitas cousiñas debaixo da árbore, e os Reis Magos non van ser menos... Ademais, seguro que o Apalpador xa deixou algún agasallo na clase 😊 Feliz ano novo para vós tamén! 🕛🍇🎉
Eliminar