A DESPEDIDA DE VALENTINA TERESHKOVA!

O de hoxe foi un día cheíño de felicidade! Sabedes por que? 

Pois porque as nosas investigacións sobre o Universo deron os seus froitos, e todo o que aprendemos, que foi moitísimo, fixo que Valentina fose quen de atopar, semana tras semana, as pezas do mapa que a levaría de volta a casa. E hoxe por fin conseguimos que así fose! A peza número 15 chegou á nosa aula, e a nosa astronauta favorita xa se estaba preparando para regresar ao planeta Terra. A estas horas xa tivo que facer o despegue!

Nada máis chegar á aula, unha carta colgaba do noso encerado. Era do Señor do Tempo, e foi el o que se encargou de explicarnos que estaba ocorrendo! 


Ademais, nas nosas mesas deixou uns libriños moi raros... Que era todo aquilo? Tivemos que rematar de ler a carta do Señor do Tempo para entendelo! Para agradecernos a nosa axuda, Valentina regalounos unha estrela! Púxolle o noso nome a unha estrela do ceo!

Seguíamos sen entender demasiado e na aula só se escoitaba un "Onde está? Onde está a nosa estrela?". Non a podemos tocar, é unha estrela de verdade, unha das que se ve cada noite no ceo estrelado. Incluso temos as coordenadas para buscala cun telescopio!

Concretamente, a nosa estrela atópase na constelación do 'Can menor', un dos fies acompañantes do guerreiro Orión, a nosa constelación favorita, xunto coas Osas, claro.

E xunto á nosa estrela atópase a constelación de 'Unicornio', a favorita da profe. Desta maneira, a nosa constelación e a súa sempre se acompañarán e viaxarán xuntas polo Universo, pero isto xa o entenderemos cando vaiamos medrando...

A nosa estrela está no firmamento e non a poderemos tocar nunca, pero esta xeración de Pondaliñ@s xa ten o seu lugar especial no Universo! Agardamos que vos guste e que isto vos anime e vos axude a seguir explorando máis e máis sobre todo aquilo que vos apasione.


E xunto a Valentina, quen tamén se despide é o 1º trimestre deste último curso en Educación Infantil. Coma sempre, decoramos bolsas e portadas. E este ano, como novidade, levamos tamén unha bóla de neve que poderemos colgar na nosa árbore de Nadal. Aquí vos deixamos os traballiños de Zaira, a nosa encargada de hoxe!


E recordade tamén que mañá nos visitan os Reis Magos! Nós xa lle escribimos a carta, e gustaríanos moito que as familias nos acompañásedes cando llelas entreguemos e lle cantemos a Panxoliña de Nadal! Esperámosvos!

Comentarios

  1. Eu acabo de alucinar ca estrela, e un regalazo que o mellor ahora non lle dan a suficiente importancia pero que segun medren van recordar con moito cariño que o final e un dos recordos da nosa infancia eu recordo asi a miña seño emilia e asi van recordar estes pondaliños a sua profe rocio.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben, alegrámonos moito de que vos gustase este detalliño! 😍 É un bonito recordo como grupo e moi acorde coa temática deste 1º trimestre 🤭

      Eliminar
  2. Foi un trimestre moi intenso,aprenderon miitisimoo e os papas tamen aprendemos jijiji e o do regalazo da sua estrella vamos quedamos flipados cando no lo contou..pernsei que eran cousas de Roi..jiiipero e algo que siempre recordarn da sua profe Rocio e vos mantera siempre siempre unidos..pa nos es mas ca una profe,xa es alguien da familia,queremoste moito Rocio

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Siii, aprendemos tod@s un montón! 😃 Ai ai ai, que pouca confianza en Roi 😋 Teñen unha estrela súper real, alegrámonos moito de que vos gustase este detalliño! 😍

      Eliminar

Publicar un comentario