SEMANA DO ENTROIDO: XOVES!
O mércores non puidemos seguir os mandados do Meco, mais no día de hoxe si que o puidemos facer. E nesta ocasión foi por todo o alto, pois tocou traer o noso disfrace favorito, e tivemos moitísima variedade! Superheroes e superheroínas! Personaxes de conto e televisión! Bombeiros e policías! Unicornios! Darth Vader! Princesas! Flamenca e pirata! E aquí estamos todos xuntos coas profes Bea e Rocío! Ademais, aproveitamos a época na que estamos para crear algo moi típico destas datas: máscaras de Entroido! E como non podía ser doutra maneira, transformámonos en baleas! Pintamos a súa cara, picámolos seus ollos e reutilizamos unha palliña para poder agarrala. A mestra fíxonos uns chorros ben simpáticos a modo de diadema e xa tiñamos o atuendo completo! Mirade, mirade: