CLUB DE CIENCIA: FEBREIRO
Esta tarde os nenos e nenas de 5 anos, xunto aos nosos compañeiros e compañeiras máis maiores, regresamos á aula de ciencias para realizar o segundo experimento do club. Nesta ocasión, a nosa misión consistía en crear un arco da vella de densidades xogando con diferentes líquidos e obxectos.
Queredes saber como o fixemos? Familias, estade ben atentas ao seguinte vídeo:
Ademais, recordámosvos que o Club de Ciencias conta cun blog no que ademais de compartir convosco os diferentes experimentos realizados, tamén colgamos outras novas científicas de gran interese. Animádevos a visitarnos en https://clubdecienciaseduardopondal.blogspot.com/
Agardamos que os Pondaliñ@s se divertisen moito realizando este experimento, pois volveremos no mes de marzo cunha nova experiencia científica! Seguiremos informando!

Comentarios
Publicar un comentario