SEMANA DO ENTROIDO: XOVES!

O mércores non puidemos seguir os mandados do Meco, mais no día de hoxe si que o puidemos facer. E nesta ocasión foi por todo o alto, pois tocou traer o noso disfrace favorito, e tivemos moitísima variedade!

Superheroes e superheroínas!

Personaxes de conto e televisión!

Bombeiros e policías!

Unicornios!

Darth Vader!

Princesas!

Flamenca e pirata!


E aquí estamos todos xuntos coas profes Bea e Rocío!

Ademais, aproveitamos a época na que estamos para crear algo moi típico destas datas: máscaras de Entroido! E como non podía ser doutra maneira, transformámonos en baleas!

Pintamos a súa cara, picámolos seus ollos e reutilizamos unha palliña para poder agarrala. A mestra fíxonos uns chorros ben simpáticos a modo de diadema e xa tiñamos o atuendo completo! Mirade, mirade:




Comentarios

  1. pero que guapos todos,e as caretas das baleas moi chulisss

    ResponderEliminar
  2. Encantame o antroido e ver os nenos así de guapos e unha pasada, q ben o pasan

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, é a mellor época do ano! Encántalles! 🤩

      Eliminar

Publicar un comentario