SEMANA DO ENTROIDO: LUNS!
Esta mañá chegamos á escola con moita alegría e gran ilusión... Sabedes por que? Pois porque xa demos comezo á semana do Entroido!
Coma tódolos anos, temos que cumprir os mandados do Meco, e o que nos propuxo para este luns gustounos moito... Que comodidade!
Como ben dicía o mandadiño... "Para comezar ben a semana, o luns viremos en bata e pixama!", e mirade canto caso lle fixemos! Só faltou a guerra de almofadas para que a nosa clase se transformase nunha festa de pixamas!
Aquí nos tedes coas profes Bea e Rocío, que por suposto seguiron as ordes do Meco e viñeron dereitiñas da cama coas súas mellores galas!
E mañá máis e mellor, a ver con que atuendos nos sorprenden estes Pondaliñ@s! Se hoxe celebramos a festa-pixama... Mañá poderemos celebrar a festa-hortera? Seguro que si, xa vos informaremos!

👏👏👏👏 pero cómo me gustades 😍😍😍, foron encantados da vida en bata e pijama...creo que é a semana que máis contentos van o cole, polo menos 2 que eu me sei jiji😘😘😘
ResponderEliminarBueno alejandro nunca tan rapido se levantou da cama, hoxe horteras van abondo
EliminarComo para non ir encantadísimos, María! O día que máis cómodos viñemos e un dos que máis risas nos botamos porque nos facía moita gracia o de ver aos compis en bata e pixama! 🤣
EliminarPois igual era o día que Alejandro máis tarde se podía levantar, que xa podía aproveitar a indumentaria 🤣
Eliminarjijijiji e non che quedaron dormidiños jijijiji estaban adorables jijijiji
ResponderEliminarQue va, viñeron moooooi animad@s, ningún tiña gana de botar unha sestiña 🤣
Eliminar