DÍA DO AMOR E DA AMIZADE!

No día de hoxe, 14 de febreiro, celébrase o 'Día do Amor e da amizade', e os Pondaliñ@s de 5 anos comezamos a xornada escoitando un fermoso conto que leva por título "Unha manchea de bicos".


Nel cóntase a historia de Kati, unha nena que ten unha caixa cheíña de bicos e sempre os utiliza cos seus amigos, porque un bico senta ben en calquera momento: cando estamos tristes, cando estamos anoxados e tamén cando estamos moi contentos! Iso si, Kati tamén recibe moitos biquiños cando o precisa, porque unha manchea de bicos é o mellor para sentirse feliz!

Contóunolo a profe Bea e así espontaneamente xurdiu facer unha cadea de bicos, que foron dun lado ao outro da clase, e que incluso chegou ata a mestra Rocío! Pero iso xa o veredes máis adiante...


E aínda que o amor está presente na nosa aula tódolos días, hoxe quixémolo celebrar de maneira especial... Dar bicos é unha gran maneira de regalar amor a todos os que queremos, así que por que non crear a nosa caixiña de bicos? Encantounos a idea e puxémonos mans á obra...

Aquí nos tedes cos nosos bicos de plátano, de fresa, de mazá, de cereixas, de arándanos e de caramelo! Que ricos! Logo metémolos na nosa caixiña e escribimos nunha tarxetiña con forma de corazón, para que todos soubesen que hoxe era o día do amor e que nós regalábamos bicos de sabores a todo aquel que o precisase!


Mirade que xeitosiñas nos quedaron! Agardamos que vos gustasen e que os Pondaliñ@s vos regalasen unha manchea de bicos!





Pero isto non foi todo... Fixemos caixiñas de bicos para repartilos coa xente que queremos, pero como os Pondaliñ@s tamén nos queremos moito, pensades que non houbo ningún bico entre nós? Caramba que se houbo...


FELIZ DÍA DO AMOR!

Comentarios

  1. os bicos curan e sendo destes pondaliños moito mais..jijijii da gusto velos..canto se querennnnnn e as professs comenaas a bicoos jajajaja

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Claro que si! 😍 Esperamos que ás familias tamén vos comeran a bicos e que non sigan gardados todos na caixiña! 😋

      Eliminar
  2. Q pouco queren a estas profes ehh quen me dera a min eses bikos todos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Eu creo que só é cuestión de pedilo que estes Pondaliñ@s sonche do máis cariñoso! 😍😍😍

      Eliminar

Publicar un comentario