OS INCREÍBLES, ROSALÍA DE CASTRO E UN CONCURSO DE SUPERHEROÍNAS!

Durante estes últimos días os Pondaliñ@s de 5 anos estivemos moi atarefados e atarefadas...

Como ben sabedes, o día de Entroido os nenos e nenas do CEIP Eduardo Pondal transformarémonos en superheroes e superheroínas, e dende hoxe xa podedes ver o noso hall completamente decorado para a ocasión: X-Animals, Thundermans, Batman, Thor, Superman e Supergirl e, por suposto, os Increíbles.

Mirade que ben quedaron as nosas personaxes! Canto lle demos ao pincel e á pintura estes días! Así pois, os Pondaliñ@s de 3 anos encargáronse de Jack-Jack, o bebé da familia, e tamén das letras que conforman a palabra "Increíbles"; os Pondaliñ@s de 4 anos de Dash e Violeta, os irmáns maiores; e os Pondaliñ@s de 5 anos decoramos a Mr. Increíble e a Elastigirl, o papá e a mamá desta superfamilia. Gústanvos?



Ademais, xusto alí no hall, decatámonos da presenza dun xogo que se nos fixo moi familiar: Pasapalabra! Nunha das súas paredes vimos un rosco con tódalas letras do abecedario e tamén un buzón decorado a modo de collage... Que era aquilo? A profe encargouse de explicárnolo!

Atopábamonos ante un "Pasapalabra Rosaliano", pois tódalas cuestións xiraban entorno á figura dunha gran muller... Nós non podemos participar neste xogo porque nos resulta un chisco complicado, pero tiñamos unha labor moi importante que estabamos a piques de descubrir...


Así pois, falamos novamente de Rosalía de Castro, unha das escritoras máis importantes de Galicia, autora de poemas tan coñecidos como "Adiós ríos, adiós fontes". Foi aí cando a nosa compañeira Lucía nos falou de que o seu irmán Álvaro cantaba ese poema. 

E xusto nese momento presentamos o buzón onde as nenas e nenos de Primaria teñan que introducir as súas respostas... Sabíades que a decoración correu a cargo dos Pondaliñ@s de 3 anos? E o mellor de todo... Sabíades que as imaxes que cobren o buzón correspóndense coa letra do poema "Adiós ríos, adiós fontes"? Nós comprobámolo e alí estaban os ríos, as fontes, os regatos pequenos, a vista dos meus ollos... A nós entráronnos ganas de cantar ese poema, así que nos vindeiros días visitarannos ou visitaremos aos Pondaliñ@s de 3 anos para que nola ensinen e podela cantar nós tamén!

Así mesmo, os Pondaliñ@s de 4 anos foran os encargados de decorar as letras que compoñían a palabra "Pasapalabra". Quedáronlle moi vistosas e moi coloridas!

Pero entón... Cal era a nosa misión? Alí faltaba algo... Claro, alguén ten que estar no interior do rosco, como non nos decatáramos! Así que a mestra dounos as pezas dun quebracabezas e pouquiño a pouco fomos descubrindo quen se agochaba alí... 



Os Pondaliñ@s restantes axudaron ás mestras a pegar o quebracabezas na parede e este foi o resultado final... Claro, a protagonista do noso rosco era Rosalía de Castro! É unha actividade para conmemorar o seu día, que se celebra o vindeiro domingo 24 de febreiro.


Pero isto non foi todo... Sabíades que no colexio hai outro concurso? Mais neste si que podemos participar, así que nós xa nos puxemos mans á obra!


É un concurso de debuxo, pero un concurso de debuxo moi especial... Nel búscase unha superheroína que nos axude a mellorar a convivencia na nosa escola, isto é, a que todos veñamos máis contentos e esteamos máis felices. Así pois, no día de onte reunímonos en asemblea e pensamos en tódalos poderes que unha superheroína podía posuir para facernos sentir mellor no cole. Falamos, falamos e seguimos falando, para logo darlle nome á nosa superheroína e debuxala como nós nola imaxinamos.

Proximamente comunicarémosvos o resultado final, mais participar xa foi o máis importante, pois este concurso ademais de deixar voar a nosa imaxinación e creatividade, axudounos a detectar algúns problemas do noso colexio e a buscar solucións para resolvelos e así convivir todas e todos en harmonía.

Aquí vos deixamos as nosas candidaturas, agardamos que vos gusten!

Comentarios

  1. Que chulo o hall, e que ben quedaron os increíbles, que artistas 😍😍, e sí Álvaro xa leva uns días dándonos información de Rosalía de Castro e cantando a canción do seu poema adiós ríos adiós fontes jijiji...cantas cousiñas aprenden 😘

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, o hall está súperanimado, así dá gusto entrar ao cole 😊 Xa nos contou Lucía, agora só queda que a aprenda ela e canten os dous 😋

      Eliminar
  2. a temática dos superhéroes mola e mais dos increíbles,que este ano os reyes trouxeron ese disfraz na casa jijijiji, e o hall esta do mas chuli,moi original o rosco jijiji, e as superheroinas dos nenos todas cuns superpoderess especialesss ,creo que hai varias desas polo cole jijiji

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, o hall está chulísimo 😍 E algo nos contaron por aí dun disfraz e dunha sesión de cine moi "increíble" 😋 E si, algunha superheroína desas tamén conoce a profe 😂

      Eliminar

Publicar un comentario