MANDADOS DO MECO!
Como ben sabedes, a vindeira semana celebraremos o Entroido. O venres, se o tempo acompaña, as superheroínas e superheroes do CEIP Eduardo Pondal realizaremos un pasarrúas polo pobo, pero xa o luns será un día moi festivo, e o martes, o mércores, o xoves... Queredes saber por que? Agora mesmiño volo contamos!
Como xa é tradición, o Meco deixounos uns mandados de Entroido... Queredes coñecer os deste ano? Aquí volos deixamos! Agardamos que vos gusten!
Xa vedes que semana máis animada está a piques de comezar! Con que nos sorprenderán estes Pondaliñ@s? Moi pronto o descubriremos...
Como xa é tradición, o Meco deixounos uns mandados de Entroido... Queredes coñecer os deste ano? Aquí volos deixamos! Agardamos que vos gusten!
- O luns non teremos nin que vestirnos, pois o primeiro dos mandados é vir en bata e pixama! Iso si, hai que vir ben espertos!
- O martes revolveremos o armario e viremos o máis chamativos que poidamos! Só temos unha norma... Nada combinará entre si, tódalas prendas que traiamos teñen que ser de cor diferente, incluso os zapatos e os calcetíns! E todo o demais queda á vosa imaxinación: complementos brillantes, diademas rechamantes, tutús rimbombantes... O que se vos ocorra!
- O mércores tocaría desempeñar algunha profesión, mais recordade que ese día os Pondaliñ@s de Educación Infantil visitaremos o Parque de Bombeiros da Coruña, polo que viremos vestidos coma de cotío e o único disfrace que poñeremos será o de bombeiro e bombeira. A ver se no parque nos deixan algún uniforme! Seguro que si!
- O xoves traeremos o noso disfrace favorito, o que máis nos guste. Neste caso non hai ningunha norma! Podemos traer o que queiramos!
- E o venres seremos... SUPERINCREÍBLES!
Xa vedes que semana máis animada está a piques de comezar! Con que nos sorprenderán estes Pondaliñ@s? Moi pronto o descubriremos...
Comentarios
Publicar un comentario