SUPERANIVERSARIOS DE FEBREIRO!

No día de hoxe estivemos de celebración! Marta, Noa, Alejandro V., Leila e Alonso fixéronse maiores durante o mes de febreiro e xa cumpriron 6 anos! Aquí os tedes no noso marco dos aniversarios!







Sen dubidalo, enfundaron as súas capas de 'Supercumpleañer@s nº6'!


Por suposto, os demais Pondaliñ@s transformámonos en superinvitados e superinvitadas! Como non podía ser doutra maneira, felicitamos ás nosas compañeiras e compañeiros, e aquí estamos con Teo, que tamén se quixo unir á nosa celebración! 



Así mesmo, tamén lles fixemos uns bonitos agasallos! Uns grandes libros de debuxos para Marta, Noa, Alejandro, Leila e Alonso!




Xa nas nosas mesas cantámoslle o "Cumpleaños feliz" mentres as nosas amigas e os nosos amigos sopraban a súa vela de aniversario!


Despois disto, o que tocaba era encher as nosas barrigolas cunha saborosa tarta de galleta e chocolate que estaba deliciosa... Non quedou nadiña!


Iso si, os Pondaliñ@s non fomos os únicos invitados a esta celebración. Con nós tamén quixo compartir este momento Vanessa, a mamá de Marta; Olga e Suso, a mamá e o papá de Noa; Cristina e Héctor, a mamá e o irmán de Alejandro; Sandra e Julio, a mamá e o papá de Leila; e tamén Pablo, Luz e Sabela, o papá, a mamá e a irmá de Alonso. Moitas grazas por vir!






MOITOS SUPERPARABÉNS E A CUMPRIR MOITOS MÁIS!

Comentarios

  1. mOITOS PARABENS A ESES NEN@SSSS

    ResponderEliminar
  2. Ou o marco encolliu ou os nenos medraron ja ja ja

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Non sei por que, pero dáme a min que vai mellor encamiñada a segunda opción 😅

      Eliminar

Publicar un comentario