NOVOS MEMBROS DO CLUB DO MANDILÓN!

No día de hoxe estamos de noraboa! Xa facía tempo que poñiamos e abotoabamos os nosos mandilóns, pero iso de sacar as mangas do dereito aínda nos custaba... Durante varios días fixémolo tan ben, que por fin hoxe a profe Rocío nos entregou os nosos carnets que nos acreditan como membros exclusivos do Club do Mandilón! Noraboa Alonso e Hugo!


Comentarios

  1. Hugo veu super contento, non lle daba chegado este dia!! Viña todos os dias: Mami hoxe Rocio ainda non mo dou!! Jjajajajajjaja

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, a verdade é que a Hugo sempre lle fixo moita ilusión ter este carnet! E como puido comprobar, todo esforzo ten a súa recompensa! :)

      Eliminar

Publicar un comentario