TEO VOLVE DA CASA DE... BRAIS PÉREZ!

Este mércores, a nosa mascota de cor azul volveu á nosa clase acompañada de Brais Pérez, dispostos a contarnos todo o ocorrido durante a fin de semana...

O venres, tan pronto como chegaron da escola, Teo e Brais merendaron xuntos. Coas barrigolas ben cheas, a nosa mascota coñeceu á irmá do noso compañeiro, Olalla, e todos xuntos foron dar un paseo polo malecón, onde viron un montón de peixiños polo río. Tan pronto como volveron á casa ducháronse e cearon, e antes de durmir ben xuntiños, Brais ensinoulle a súa casa a Teo.

O sábado, a nosa mascota acompañou a Brais e ao seu papá á casa dos seus avós, onde xogaron e comeron. Logo, foron ao supermercado e tiveron tanta sorte que alí lle regalaron uns ricos Chupa-Chups. Cando volveron, despois de cear, todos xuntos viron unha película da Patrulla Canina antes de ir durmir.

O domingo Teo almorzou con Brais e Olalla! Coas pilas cargadas foron mercar pan, e aproveitaron para coñecer a Nico e a Guille, os curmáns de Brais Pérez, cos que estiveron xogando ao pilla-pilla antes de comer na casa dos avós. Pola tarde, Teo acompañou ao noso compañeiro e á súa familia ao aniversario do seu amigo Anxo. Ao volver, Brais quedou durmido, pero a nosa mascota veu moi entretido xogando coa súa irmá Olalla.

O luns, despois de volver do cole, Teo acompañou aos dous irmáns á piscina. E xa o martes, a nosa mascota axudoulles a colocar a árbore de Nadal e o Belén. Para recompensar tanto traballo, pola tarde divertíronse no parque de Laxe e logo ensináronlle a casa de Eduardo Pondal!

Foi unha fin de semana moi especial, e o que máis lle gustou a Brais foi levar a Teo ao parque de Laxe e á casa dos seus avós!


Comentarios