SAÍDA AO CINE!
Esta mañá, por fin realizamos a nosa primeira excursión! Que ilusión! Foi ao cine a Carballo, para ver a película "Vaiana".
Tan pronto como tocou o timbre, subimos á aula, deixamos nela os gorros, as bufandas e os guantes e fixemos pis, non fora ser... Xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de 4 e 5 anos baixamos ao patio, onde fixemos as filas para poder entrar no autobús que nos levaría a Carballo. Moi animados fomos cantando as cancións que aprendemos coa mestra Rocío e coa mestra Luisa. Nada máis chegar, tomamos unhas galletas para que non nos entrase a fame mentras víamos a película. Coas barrigolas cheas, era o momento de entrar ao cine! Alí xa tiñamos os nosos lugares reservados! Quitamos as chaquetas, subimos aos elevadores para ver mellor, acomodámonos nos nosos asentos e gardamos silencio para que a película dese comenzo e así poder coñecer á famosa Vaiana. Aquí vos deixamos unhas fotiños:

Saída ao cine: Vaiana. - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
Se a algún Pondaliñ@ lle apetece recordar esta película, aquí deixamos un link con diferentes vídeos sobre a nosa protagonista favorita: https://www.youtube.com/playlist?list=PLq-EsB1naoo8-kze2GbJEdb_a_uO95aGA

Encantame que guapos todos que cariñas de felicidad
ResponderEliminarSi, estaban moi ilusionados con iso de "marchar do cole", palabras textuais. Os profes non sabemos moi ben como tomalo jajajaja 😂😂😂
EliminarPRECIOSOOO O VIDEOO !!!! O SEU PRIMER CINE COS COMPISS E PROFESSS!!!!
ResponderEliminarSi! A ver se no 2º trimestre conseguimos levalos máis lonxe de excursión 😋
EliminarEncantame ta precioso 😍😍
ResponderEliminarMoitas grazas! A canción de "Vaiana" tamén axuda, é moi bonita 😊
EliminarQue wuapos estan os nosos nenos. O video esta moi bonito
ResponderEliminarMoitas grazas! 🙂
EliminarQue guay!! A pesar de que Hugo dime que non lle gustou a pelicula!! 😂
ResponderEliminarA Hugo gustoulle a viaxe en bus e o principio da película, pero houbo un momento no que aparecereu un monstro de lume que o asustou e xa non saiu do colo da profe. Alí estaba máis protexido 😂
EliminarO video non me pode gustar máis😍😍😍😍é precioso. Gracias Rocío. A Lucía encantoulle.
ResponderEliminarMoitas grazas, alegrámonos moito! Lucía pasouno pipa! 😘
EliminarClaudia veu cansada pero dixome que o pasara ben. E pola noite tubemos vendo os videos todos que salian en youtube.
ResponderEliminarMoi ben, alegrámonos de que lle gustase 😃
EliminarQue bo traballo Rocio! Que suerte teñen os nosos nenos de terte como profe! E a Xalo! Ahora a descansar e desconectar que falta vos fara!! Felices festas!!🎄🎄🎄😘
ResponderEliminarQue sorte temos nós de telos a eles como alumnos! Bo Nadal para vós tamén, vémonos o ano que vén 😘
Eliminar