TEO VOLVE DA CASA DE... AROA PENEDO!

Esta mañá, a nosa mascota de cor azul regresou á escola acompañado de Aroa, quen viña disposta a contarnos tódalas aventuras que viviron durante esta fin de semana...

O venres, despois de chegar do colexio, Teo e Aroa descansaron no sofá vendo a televisión. Logo, a nosa compañeira presentoulle aos seus canarios: Carlitos e Lupita.

O sábado, nada máis levantarse, a nosa mascota azul descubriu que Aroa tiña na súa casa... UN TEO DE COR ROSA! Que emoción! Unha vez listos, os dous Teos, Aroa, os seus papás e o seu irmán Kevin montáronse no coche. A onde irían? Á Coruña, pasar o día no Marineda City! Alí aproveitaron para sacar unhas fermosas fotos coa decoración de Nadal, e tamén para comer no Burger King. Mirade que guapos coas súas coroas!

A Aroa tamén a viñeron visitar os seus curmáns maiores, e con Lucía e Alejandro estivo xogando toda a tarde do domingo. E non sabedes que pasou esta mañá? Menuda sorpresa levou a nosa compañeira cando a profe Rocío lle dixo que os coñecía, xa que eles estudan no cole no que ela foi mestra o curso pasado!

Como vedes, foi unha fin de semana moi animada, e a Aroa encantoulle pasar tempo co noso Teo de cor azul e levalo con ela a tódolos lugares que visitou.

Comentarios

  1. Que caras lle quedaron nas fotos😂😂gracias Rocio e Xalo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Seguiremos insistindo no de ensaiar o sorriso cara a cámara 😂

      Eliminar

Publicar un comentario