MOCHILA VIAXEIRA: MARTA!

Esta semana, o Equipo de Biblioteca do noso centro puxo en funcionamento para todo o alumnado "A mochila viaxeira". Cada aula conta coa súa, e hoxe a profe Meibel, que tamén é a coordinadora deste equipo, tróuxonos a nosa.

No interior desta mochila tan especial podedes atopar algúns contos e as instrucións de uso. Tamén volas deixamos por aquí:

- Esta mochila viaxará por tódalas casas dos nenos e nenas da clase. A mochila leva dentro unha gran variedade de libros para que pais, nais e cativos gocen coa lectura. Cada alumna e cada alumno lerá o que queira sen ningún tipo de compromiso.
- A mochila estará en cada casa unha semana, levándoa o venres e tendo que devolvela o venres seguinte.

E a primeira afortunada en levala para a súa casa foi... Marta!

Comentarios