TEO VOLVE DA CASA DE... ANDREA!

Esta mañá, a nosa compañeira Andrea chegou ben contenta á aula, desexando contar as aventuras vividas coa nosa mascota de cor verde!

O venres, nada máis chegar da escola, Teo e Andrea merendaron xuntos e logo encenderon o fogón para pasar a tarde ben quentiños. Coas barrigolas cheas comezaron as presentacións: o seu irmán Hugo, o avó Daniel, a bisavoa María, a veciña Carmen... E outro Teo de cor verde! Non estamos vendo dobre, senón que Andrea ten na súa casa un peluche idéntico ao que levou!

O sábado, Andrea foi a encargada de espertar aos dous Teos, que son uns durmilóns e acapararon a súa cama. Despois de comer, a nosa mascota e a nosa compañeira leron o conto de "O monstro de cores" e xogaron cos seus xoguetes, tamén visitaron a árbore de Nadal da avoa Lola e pasearon por Langueirón para intentar que Hugo quedase a durmir.

O domingo, Teo axudoulle a Andrea a facer uns quebracabezas, que é un dos pasatempos favoritos da nosa compañeira. Pola tarde, a nosa mascota acompañou a Andrea ao Centro Comercial Marineda City, xunto á súa madriña, ao seu tío e a un amigo. Xa de volta na casa, recibiron a visita dos seus tíos italianos e dos seus curmáns, cos que estiveron xogando moi animadamente.

Como vedes, Teo e Andrea viñeron encantados desta fin de semana tan especial!


Comentarios