DESPEDIDA DE DANIEL!

Como xa sabedes, a partir da próxima semana, o noso compañeiro Daniel será alumno doutro colexio, e alí terá novos mestres e novos compañeiros. Como non podía ser doutra maneira, hoxe despedímolo cunha gran festa!

Comezamos cunha sesión de cine, con Mickey Mouse buscando un prezado tesouro xunto aos seus amigos!


Aproveitando que estabamos na alfombra... Por que non sacar unha foto co noso amigo?


Ou dúas...


E que non pode faltar nunha gran festa? Pois unha gran merendola! Comezamos polos bocadillos e o biscoito que fixo a mamá de Daniel, e logo continuamos coas galletas, os gusanitos, as palomitas... E para acompañar, uns groliños de zume ou auga!



E coas barrigolas ben cheas baixamos ao recreo! Aproveitando o bo tempo e que hoxe era un día especial, puidemos quedar un tempiño máis xogando no patio. Logo, sentados na pista de fútbol, entregámoslle a Daniel os nosos agasallos: o conto de "O monstro de cores", un Teo de cor amarela, un CD con fotografías e un libro recordando algún dos momentos que Daniel viviu con nós. Ademais, os mestres deixáronlle unhas mensaxes e nós moitos bicos. Se fai uns días chegamos á casa cos beizos máis vermellos do habitual, xa sabedes por que foi!


Esperamos que volvas moi pronto facernos unha visita! Os Pondaliñ@s esperámoste cos brazos abertos! Mandámosche tantos bicos e tantos abrazos coma os que che demos esta mañá! Moita sorte Daniel!

Comentarios

  1. Moitisima sorte Daniel!! q te adaptes ben no novo cole,e acordate de vir de visita ver os teus amigos!!e vaia festa de despedida!! seguro q non se che olvida!!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario