DECORACIÓN DE NADAL!

O Nadal está chegando, e moitos dos Pondaliñ@s xa temos as nosas casas decoradas! O noso cole tamén está listo para celebrar esta festividade que tanto nos gusta...

Xa víchedes as zapatillas que forman parte da nosa árbore, tamén as postais que pronto estarán expostas na entrada da nosa escola, e agora podedes ver os elementos de Nadal que cada familia decorou cos seus fillos e fillas no noso corredor.

Ademais, estreamos porta! Alí podedes ver neve, dúas árbores, unha estrela, un trineo de Papá Noel voando polo ceo, uns Teos disfrazados de Reis Magos... E o que máis nos gustou: os nenos e as nenas da aula de 3 anos transformadas en bólas de Nadal!

Que vos parece a nosa decoración? Esperamos que vos guste!


Comentarios

  1. Gustame moito como quedou.

    ResponderEliminar
  2. chuliisiimaaa !! q emocionados están !! gracias Rocio!!moito traballass!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas! A verdade é que lles gustou un montón. Ata tivemos que saír da clase e sentarnos no corredor para observala minuciosamente e comprobar cal era a bóla de cada un 😂

      Eliminar

Publicar un comentario