No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita moi especial... Esta tarde estivo con nós María, a mamá da nosa compañeira Lucía! Contounos unha historia moi fermosa titulada " De que cor é un bico? ", protagonizada por MiniMoni, unha nena á que lle encanta pintar pero que nunca coloreou un bico. De que cor sería? Pensou e pensou, ata que a súa mamá a encheu de bicos e lle demostrou que estes poden ser de tódalas cores! Ao rematar, cada un dos Pondaliñ@s comentou de que cor era o seu bico favorito, e así, se os xuntamos todos, teríamos bicos de tódalas cores! Como non podía ser doutra maneira, botamos un montón de foguetes para celebrar o moito que nos gustou este conto. Por suposto, como agradecemento á mamá de Lucía, enchémola duns bicos e achuchóns moi coloridos. Nós tampouco nos fomos coas mans baleiras, xa que María e Lucía nos agasallaron cuns bicos de goma-eva que elas mesmas crearon, ademais dun pequen...