NADAL 2017!
Esta mañá despedimos o 1º trimestre deste curso cun día cheo de sorpresas e celebracións! Comezamos a mañá recibindo a visita dos Reis Magos de Oriente, a quen saudamos e agasallamos cunha panxoliña que estivemos ensaiando coa mestra Luisa. Titúlase "A galiña", e por iso con ela creamos estas coroas cocoroqueiras que adornaron a nosa cabeza durante toda a actuación!
Aproveitando a visita dos Reis, entregámoslle as nosas cartas, e eles a cambio regaláronnos unha bolsiña de chuches e un xogo para compartir cos demais compañeiros e compañeiras!
Despois de merendar un saboroso roscón e un rico turrón, decidimos celebrar o fin do ano 2017 cos demais nenos e nenas do colexio!
Aquí vos deixamos un vídeo que resume este día tan especial:
Que fotos mais bonitass. Que chulada de video. Grazas Rocio.
ResponderEliminarAlegrámonos de que vos gustasen, os Pondaliñ@s pasárono estupendamente ben! 👏👏👏 Boas festas! 🎄
Eliminarun fin de trimestre moi especial!! as cancións de Luisa moi bonitas!!ahora que os reyes magos se porten ben!!!
ResponderEliminarAlegrámonos de que vos gustase a nosa actuación! 🐣 Os Reis seguro que traen moitas cousiñas, esperemos que lle botasen un ollo ao noso catálogo 😉 Boas festas! 🎄🎄🎄
EliminarEncantame o vídeo con fin de ano incluido
ResponderEliminarTodo o que sexa festa gústanos moito 🎉🎉🎉 Bo Nadal! 🎄
EliminarUn fin de trimestre moi especial. Encantanme as fotos e o vídeo chulísimo😘😘😘
ResponderEliminarFoi xenial! Alegrámonos de que vos gustasen as actividades deste día, os Pondaliñ@s disfrutáronas moito! 😍
Eliminar