VISÍTANOS O APALPADOR E ASISTIMOS A UN CONCERTO DE NADAL!

Esta mañá, na nosa biblioteca, os nenos e nenas de Educación Infantil recibimos unha agradable sorpresa. Un ano máis estivo con nós... O APALPADOR! Recén chegado das montañas do Caurel recordounos a súa historia e contounos unha fábula tradicional da súa zona protagonizada por unha ratiña e un montón de grilos. Aquí nos tedes con el!


Ademais, novamente visitamos o Edificio das Escolas, aínda que desta vez foi para presenciar un concerto didáctico de Nadal que nos entusiasmou!



Moi atentos escoitamos a voz de Ana, o teclado de Iago, o baixo de Alfonso e a percusión de Roi. Xunto a Raimundo recorremos moitas zonas do mundo (África, Estados Unidos, Cuba, Brasil, España...) e coñecemos a súa música! Aquí vos deixamos un pequeno fragmento de "Oh happy day", unha canción do gospel americano!

Comentarios

  1. Que semana máis completa están tendo, cantas cousiñas, Lucía saiu do cole contándome todo o que fixeran, e encantoulle o concerto, ela di que foi a un espectáculo, e como cantaba a chica, que me deixou claro que sólo era unha chica e o resto todos chicos jejeje...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, esta semana estamos a tope cos actos navideños 🎄🎄🎄 A verdade é que foi un espectáculo chulísimo, e si, a que cantaba era unha chica, os chicos tocaban instrumentos 😂

      Eliminar
  2. Andrea veu contenta. Genial o q fas con eles, Rocio.

    ResponderEliminar
  3. Pois Roi o cole vai aunque sea arrastrooo jijijiji eso xa o di todo !! Que vaian asi de contentos,xa o di todo,por que pa eles , siempre e festa,e non se queren perder nada de nada!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Jajajaja, e aínda que non sexa festa xa a fan eles 😋😋😋

      Eliminar
  4. Cantas actividades estes días!!!e os nenos encantados,como non,coa superaxenda que teñen estes dias.E ainda asi,teñen tempo para acabar os proxectos e ensinarnos esas maravillas q facedes.Noraboa a toda clase de Pondaliños e sobre todo a profe Rocio por tan bo traballo!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Estes días a verdade é que estamos a tope cos actos navideños! 🎄🎄🎄 Tempo tempo non temos, pero despois dun ano cunha clase numerosa a profe aprendeu a amortizalo bastante ben. Seguímonos o ritmo estupendamente ben 😂😂😂

      Eliminar

Publicar un comentario