SOMOS PEQUENOS MATISSE!

Esta mañá por fin rematamos o noso "Libro de Matisse" inspirado no conto "As tesoiras de Matisse". Como non podía ser doutra maneira, transformámonos en pequenos pintores creando estas fantásticas obras de arte con diferentes papeis de cores e formas moi distintas.





E estes foron os nosos resultados:

  • Xabi: "Nave espacial con alieníxenas"
  • Claudia: "Peppa Pig"
  • Leila: "Barco pirata no mar"
  • Naia: "Parque"
  • Aroa V.: "Ferramentas de Matisse"
  • Hugo: "Caracol nunha xesta"

  • Lucía: "Adornos de Papá Noel"
  • Mariña: "Flores no xardín"
  • Andrea: "Dragón na montaña"
  • Izan: "Serpes na selva"
  • Alejandro: "Robot na selva"

  • Zaira: "Río con follas"
  • Noa: "Cama nunha casa"
  • Lucas: "Roupa tirada"
  • Roi: "Máquina de ratos"
  • Brais P.: "Roupa caendo ao mar"
  • Marta: "Árbore de Nadal"

  • Brais M.: "A ovella"
  • Martina: "Nave espacial rota no mar"
  • Alonso: "A xoaniña"
  • Nizar: "Caracol africano"
  • Mario: "Caracois"
  • Aroa P.: "Festa no parque de bólas"

Ademais, aproveitamos os últimos momentos da tarde para sacar unha nova fotografía para o noso catálogo de Nadal. Como estamos rematando os últimos traballiños, creando portadas e decorando bolsas, imos aproveitando os ratiños libres para seguir avanzando nel. Hoxe usamos tódalas cousiñas que nos enviou a familia da nosa compañeira Claudia para completar o noso apartado de "Perruquería e maquillaxe"!

Comentarios

  1. jajajjaaj viva a imaginación!! encantanme !! canto traballaron este trimestre,e que de cousas novas aprenderon!!deseando ver eses traballiñooss !!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Teñen moitísima imaxinación e creatividade, e como a profe se emociona e séguelles o rollo móntanse unhas películas explicando os cadros dignas dun Oscar 😍😂 Si, este trimestre traballaron un montón. Estes días a profe anda organizando os traballiños e a carpeta do 1º trimestre de 4 anos pesa tanto como as tres que levaron o curso pasado 🙈🙈🙈 Moito medraron 🤩

      Eliminar
    2. jajajjaaj creeoochooo !!

      Eliminar
  2. Que ganas de ver eses traballiños. Canto traballaron. A profe tamen vle ouro jajajaja

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. O mércores da próxima semana xa levan as bolsiñas para a casa 👏👏👏

      Eliminar

Publicar un comentario