CATÁLOGO DE XOGUETES IGUALITARIO!

Despois de varias semanas de traballo, por fin podemos anunciar que... AQUÍ ESTÁ O NOSO CATÁLOGO DE XOGUETES IGUALITARIO!

Como ben sabedes, a raíz do 25N, na aula de 4 anos comezamos a falar sobre algunhas das inxustizas e desigualdades que observamos en moitos catálogos de xoguetes: Por que o rosa é cor de nenas e o azul cor de nenos? Por que as nenas só aparecen en determinados xogos e con determinados xoguetes e os nenos con outros moi distintos?

Tendo en conta estas preguntas, reunímonos en asemblea e debatimos sobre esta problemática. Decidimos analizar varios catálogos de xoguetes e observamos que tristemente isto se repetía na gran maioría deles... Entón, a profe propúxonos crear o noso propio catálogo evitando estes estereotipos sexistas e, como non podía ser doutra maneira, aceptamos o reto!

Antes de nada tiñamos que organizar o noso catálogo, e para iso guiámonos por un que nos trouxo a nosa compañeira Martina dunha antiga tenda de Carballo chamada "Don Dino". Deste xeito establecemos que precisábamos crear unha portada, un índice, as páxinas centrais e unha contraportada.

Pouquiño a pouco, con moita paciencia e moito traballo, fomos completando todas e cada unha das páxinas que conforman o noso catálogo:

  • A portada: decoramos con gomets de cores, inventamos un nome e un logo para a nosa tenda, escollemos unha imaxe representativa, ideamos un eslogan...
  • O índice: observamos o catálogo da nosa compañeira e seguimos a súa orde, clasificando os diferentes xogos e xoguetes nas distintas categorías.
  • As páxinas centrais: clasificamos recortes de catálogos segundo as situacións que mostrasen fosen xustas ou inxustas, creamos as nosas propias fotografías grazas ás aportacións das familias, escribimos un pequeno resume do debatido en asemblea...
  • A contraportada: coñecemos e escribimos a dirección da nosa particular tenda e decoramos "O Nadal" de Matisse para desexarlle unhas boas festas a todo aquel que lle bote un ollo ao noso catálogo.

AGARDAMOS QUE VOS GUSTE! (E, sobre todo, que o Apalpador, Papá Noel e os Reis Magos teñan moi en conta as nosas recomendacións)

Comentarios

  1. Bravo bravo👏👏👏 un catálogo de 10, e impresionante todo o que traballachedes para poder facelo posible, e todo o que traballou a profe para poder compartilo con todos nós. Que orgullo que a miña filla forme parte da túa clase e aprendan tantísimas e importantes cousas, como o que se ensina neste catálogo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alegrámonos de que vos guste o noso catálogo 👏👏👏 A que está encantada é a profe con estes nen@s e estas familias tan xeniais que lle tocaron 😍😍😍

      Eliminar
  2. un aplausoo !! encantoumee o catalogo!! moito nos queda por aprender...pero pasiño a pasiño...os nosos peques o dia de mañan poden cambiar algo,e este e o camino....e gracias Rocio pola tu dedicación,e o cariño que lle pos a todo..unome o que cometou Maria,e eu si estou orgullosísima de que Roi te tuvera de profe..e o traballazo que e esto do bloggg !!!!!jajajajja pa ternos contenta tamen as mamiss...aunque seamos catro as que comentemos....

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alegrámonos de que valoredes tanto o noso catálogo e a súa finalidade 👏👏👏 Eu si que estou encantada con vós 😍😍😍 E xa sabes que a profe ten a mesma adicción ao blog que as mamás de Roi e Lucía, así que tanto traballiño tampouco me dá. Sarna con
      gusto non pica 😋😋😋

      Eliminar
  3. Encántame Rocío. Moi bo traballo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas (ex) xefa! 😘😘😘 Estou moi triste por non ter coincidido no cine hoxe e vervos a vós e aos Revoltiñ@s 💔

      Eliminar
  4. O catalogo esta moi bn. Gracias Rocio polo traballo que realizas.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alegrámonos de que vos guste 😊 Grazas a vós por valorar tanto todo o que se fai na aula cos vosos fill@s 😍

      Eliminar

Publicar un comentario