CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS A MAMÁ DE LUCÍA!
No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita moi especial... Esta tarde estivo con nós María, a mamá da nosa compañeira Lucía!
Contounos unha historia moi fermosa titulada "De que cor é un bico?", protagonizada por MiniMoni, unha nena á que lle encanta pintar pero que nunca coloreou un bico. De que cor sería? Pensou e pensou, ata que a súa mamá a encheu de bicos e lle demostrou que estes poden ser de tódalas cores!
Ao rematar, cada un dos Pondaliñ@s comentou de que cor era o seu bico favorito, e así, se os xuntamos todos, teríamos bicos de tódalas cores! Como non podía ser doutra maneira, botamos un montón de foguetes para celebrar o moito que nos gustou este conto. Por suposto, como agradecemento á mamá de Lucía, enchémola duns bicos e achuchóns moi coloridos.
Nós tampouco nos fomos coas mans baleiras, xa que María e Lucía nos agasallaron cuns bicos de goma-eva que elas mesmas crearon, ademais dun pequeno bote no que a nosa compañeira escribiu os nosos nomes e que contiña unhas ricas chuches con forma de beizos. Marchamos para as nosas casas encantadísimos! Volve cando queiras María, estás máis que invitada!
Ademais, aproveitamos para contarvos que xa estamos a piques de rematar o noso "Libro de Matisse". Hoxe creamos unhas coloridas estrelas de Nadal decorando catro depresores linguais como faría o propio pintor.
Mirade que bonitas nos quedaron!

Foi unha experiencia maravillosa poder compartir cos nenos unha actividade, e estar con eles un anaquiño. Eu tiña xa moitas ganas de poder ir, pero Lucía estaba deseando que fose(preguntabame todos os días cando iba ir a ler o conto o seu cole), e ver onte a sua cara de ilusión e a emoción ca que me recibiu no cole, non hai palabras para describir ese momento. E o cariño que recibes dos nenos, esos besos e esos abrazos que che dan con todas as suas ganas non hai cartos que o paguen, con esa sensación que saes de alí. Moitas gracias profe por todo o que pos da tua parte para facer posible esta actividad.
ResponderEliminarAlegrámonos moitísimo de que che encantase vivir esta experiencia con nós, sabes que podes repetir cando queiras. Os Pondaliñ@s de 4 anos e a profe estaremos encantad@s de recibirte unha vez máis para escoitar unha nova historia 😍
Eliminarpa próxima no nos conocen jijijijijijji
EliminarJajajaja, estamos desexando vervos en acción 😂😂😂
Eliminarvai conto mas bonito !! e c¡vaia caras de alegría!! o detalle chulísimo ,moitas gracias!!
ResponderEliminarTodo máis que xenial 👏👏👏
Eliminar