CATÁLOGO DE NADAL: PRIMEIRAS FOTOGRAFÍAS!

No día de hoxe comezamos a mañá estreando unha saborosa rutina... Xa estamos no mes de decembro, o mes do Nadal, así que o encargado ou encargada, despois de colocar o día no noso calendario, abrirá este outro e comerá unha doce chocolatina mentres comproba cantos días faltan para esta data tan sinalada. Hoxe foi a quenda de Alejandro!


Continuamos o día realizando as primeiras fotografías que formarán parte do noso catálogo de xoguetes...

Despois do recreo recibimos a visita de Olga e Suso, a mamá e o papá de Noa, e de Rosario e María, as mamás de Roi e Lucía. As familias recibiron con alegría as nosas cartas e trouxéronnos todo o que nos facía falta: dúas bicicletas, un patinete, unha moto e un tractor. Esta imaxe ilustrará o noso apartado de "Vehículos" e con ela demostramos que as cores non teñen xénero e que este non é un xogo exclusivo de nenos, xa que as nenas tamén se divirten moito conducíndoos.


Por outra banda, con relación ao apartado de "Disfraces", as familias de Martina, Lucía e Mariña tamén nos enviaron estes disfraces de superheroes e superheroínas, xa que as nenas, ao igual que os nenos, poden ser súper valentes e salvar ao mundo as veces que fagan falta! Ademais, demostramos que non hai disfraces de nenos e de nenas, senón que todos podemos disfrazarnos e xogar co que máis nos guste, independentemente de se levamos falda ou pantalón. O importante é divertirse!


Así mesmo, no apartado "Peluches e bonecos" contamos coa colaboración das familias de Roi e Noa, que ademais dos vehículos, tamén nos trouxeron estes dous bebés. Algúns de nós seremos papás e mamás (ou tías e tíos, madriñas e padriños...) cando sexamos adultos, e tanto nenos coma nenas terán que coidar algún bebé, e uns e outros terémolo que facer do mesmo xeito, sen importar se somos mulleres ou homes!


O mesmo ocorre no apartado de "Cociñas e supermercados", xa que dentro duns aniños teremos que realizar as tarefas do fogar (cociñar, mercar, barrer, fregar, lavar...), e compartir estes labores en igualdade de condicións, sen importar se somos homes ou mulleres.


Por último, no apartado "Medios de transporte" poderemos ver a nenos e nenas xogando con coches, camións, excavadoras, etc., xa que todos o pasamos estupendamente ben, e para nada importa se somos nenas ou nenos.


Esta tarde non nos dou tempo a realizar máis fotografías xa que disfrutamos cos nosos compañeiros e compañeiras de 3 e 5 anos dunha pequena sesión de cine. Continuaremos a próxima semana!


Iso si, antes de marchar da aula o noso compañeiro Izan alimentou aos nosos caracois con estas ricas follas de leituga!

Comentarios

  1. Este catálogo vai a ser o mellor de todos con diferencia, desexando ver o resultado final, e os nosos nenos saen todos guapísimos, como me gustan😍

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, seguro que nos queda xenial 😍
      A próxima semana descubriremos un que vai en consonancia co noso: https://www.toyplanet.es/content/77-navidad-2017 👏👏👏

      Eliminar
  2. vai quedar u catalogo superchuli !!! e servirá pa que aprendan que as tarefas son iguais para os dous,seas home ou muller..non queremos igualdad?? son fotos chuliisiimas que caras de alegriaaaaa !!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Claro que si, temos que comezar a abordar estes temas desde pequeniñ@s para que cando se transformen en adult@s estean concienciados e loiten por un mundo no que tod@s teñamos os mesmos dereitos e as mesmas posibilidades 😉

      Eliminar
  3. Pois si esta genial que xoguen todos con todo, estes dias que xa empezamos cas compras navideñas da pena mirar os catalogos xa eles os separan o de nenas e o de nenos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, os catálogos que chegan ás nosas casas son bastante sexistas, pero sempre os podemos utilizar cos nosos nen@s para buscar todo aquilo que sexa xusto ou inxusto e buscar maneiras de cambiar esta problemática. Logo, en internet podemos atopar catálogos xeniais coma os de Toy Planet 😍😍😍

      Eliminar
    2. pois si,estou vendo o catalogo e esta moooi been !!! sobre todo as abuelitas xogando jijijiji

      Eliminar
    3. Si, está xenial 😍😍😍

      Eliminar

Publicar un comentario