CONTOS POR BICOS: VISÍTANOS A MAMÁ DE ROI!
No día de hoxe continuamos cos "Contos por bicos" e na nosa biblioteca recibimos unha visita moi especial... Esta tarde estivo con nós Rosario, a mamá do noso compañeiro Roi!
Contounos a historia de "Paco Papán", un raparigo que durante unha semana intentou buscar traballo, aínda que sempre sufría algún percance ata que atopou o seu oficio ideal! Gustounos moitísimo e por iso aplaudimos moi forte! Ademais, o conto que nos trouxo a mamá de Roi non era un conto coma os que nós coñecemos... Era enorme, fixérao ela mesma e podíamos pegar e despegar moitas cousiñas!
Ao rematar a historia botamos un montón de foguetes e, por suposto, como agradecemento á mamá de Roi, enchémola de bicos e abrazos. Nós tampouco marchamos coas mans baleiras, xa que Rosario nos agasallou cunhas moedas de chocolate como coas que lle pagaron a Paco Papán na sastraría e cuns chaveiros de caracois que construíron ela, Roi e o seu irmán Leo con "hama beads". Chulísimos!
A mamá do noso compañeiro tamén visitou a nosa aula, e facendo unha roda, con ela bailamos a divertida canción que este conto ten! Moitas grazas Rosario, volve cando queiras, estás máis que invitada!
Para rematar esta xornda, visitamos os recantos, e algún dos nenos que escolleu o recuncho das letras decidiu divertirse co libro xigante que a mamá de Roi nos regalou para a nosa aula! Encántanos!

Pero que libro máis chulo levou Rosario, que sorte teñen estos nenos, encántame a idea. E que felices os nenos cas visitas dos papás para lerlles os contos😘😘😘😘
ResponderEliminarO libro é xenial, usarémolo moitísimo 😍 E si, os Pondaliñ@s están encantados coas vosas visitas 👏👏👏
EliminarPrimeiro,moitisimas gracias por facer estas actividades que nos permitan ir o cole,eu salin cun sorisoo que me chegaba de orella a orella, e que ben me souberon eses bicos!!,alegrome que gustase..e made in feito na casa jijiji o dito,GRACIASSS!!!
ResponderEliminarMoitas gracias a ti, xa sabes que as portas da nosa clase están máis que abertas para tódalas familias 😊 Podedes repetir cando queirades 👏👏👏
EliminarO q no discurre esta muller non o discurre ninguen, jajajajajajaj gracias Rosario
ResponderEliminarjajajajajaja !!graciiasss bicoooossss
EliminarTal cual! 😂😂😂
EliminarEsta genial a tua idea Rosario eres inha artista. Gracias
ResponderEliminarGracias!!! de caracoles non salimos jijijiji
EliminarSi, está todo xenial! 👏👏👏 Agora hai que pechar o tema dos caracois e no 2° trimestre abrirlle a porta a Exipto 😉
EliminarGenial !! seguro que eles e nos,aprendemos un monton de cousas moi interesantes!!!
ResponderEliminarClaro que si! (E a profe tamén!)
Eliminar