DESPEDIMOS AOS CARACOIS!

O pasado martes comezamos a mañá no hall da nosa escola, e antes de subir á nosa aula colocamos as estrelas que picamos e pegamos na clase e que xa adornan a árbore de Nadal do noso colexio!





Así loce a nosa árbore despois de que tódolos cursos pasasen a colocar as súas estrelas. Ademais, nas paredes do hall xa podedes ver as nosas postais e as de tódolos compañeiros e compañeiras de Educación Infantil e Educación Primaria!



Seguidamente, a profe dounos unha triste noticia... Tiñamos que despedirnos dos nosos caracois, xa que ninguén os podía coidar durante a ponte, e ademais, as vacacións de Nadal tamén están moi preto. Por este motivo, baixamos ao patio e liberámolos no xardín para que puidesen atoparse con outros caracois e buscar o seu propio alimento! Iso si, durante o recreo estivemos moi pendentes de que nada lles ocorrese. E hoxe estivemos buscando por eles, pero pensamos que deben estar hibernando por culpa dos ventos e das chuvias da borrasca Ana porque non vimos ningún.


Para que a despedida non fose tan triste, e como actividade final deste proxecto que tanto nos gustou, pola tarde divertímonos co "Xogo do Caracol". Neste colorido taboleiro tiñamos que tirar un dado para facer que o noso pequeno caracol avanzase tantas casiñas como puntiños saían. Iso sí, o caracol só se podía arrastrar polo taboleiro se respondíamos correctamente á pregunta que a mestra nos facía...


Fixémolo tan pero tan ben que o noso caracol chegou rapidamente á meta, e nós gañamos uns carnets de expertos e expertas en caracois e un xogo con preguntas para cada unha e cada un de nós que xa levamos para as nosas casas para seguir xogando coas nosas familias e non esquecernos nunca dos que foron os nosos compañeiros de clase durante varios meses!




Comentarios

  1. Que bonito está o hall decorado xa ca temática do Nadal. E tocou despedirse dos caracoís, e Lucía chegou encantada con su carnet de experta en caracois, e co xogo tan chulo que les regalou a profe, xa xogamos moitísimo estos días, foi una idea xenial para despedir o mundo caracol.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, a entrada e os corredores están xa súper navideños! 🎄🎅⭐ Alegrámonos de que vos gustase o xogo dos caracois e o aproveitásedes tanto durante a ponte 🐌🐌🐌

      Eliminar
  2. Que bonito esta o hall decorado!!! encanntamee!!! e as postais chuliisimas!!! si que da pena despedir os caracois,pero tamen terian gañiña de estar no patio jijijij,moitisimas gracias polo xogo ! esta grnial!! sabenass tooodass!! jijij dounos moito xogo esta ponte!! besitosss

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, está todo xenial, e combina moi ben cos complementos que hoxe puxemos para a foto navideña da ANPA 😋 Alegrámonos de que vos gustase o xogo e o aproveitásedes tanto durante a ponte 😊 Normal que Roi as soubese todas, por algo ten un carnet de experto en caracois 🐌

      Eliminar

Publicar un comentario