CATÁLOGO DE NADAL: XUSTO OU INXUSTO?

No día de hoxe continuamos completando o noso catálogo de xoguetes utilizando e analizando algunha das súas imaxes! Desta vez tocou abordar os diferentes apartados diferenciando aquilo que nos parece xusto e aquilo que non o é. Estas foron as nosas conclusións:

CORES

PELUCHES E BONECAS

COCIÑAS E SUPERMERCADOS

PERRUQUERÍA E MAQUILLAXE

MEDIOS DE TRANSPORTE

CONSTRUCIÓNS

DEPORTES

VEHÍCULOS

XOGOS DE MESA

DISFRACES

Ademais, decoramos mandalas de Nadal que colgaremos no corredor xunto aos adornos que trouxemos das nosas casas! Iso si, aínda temos que darlle o toque final, xa veredes...





Igualmente, esta tarde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso colexio, e do que forma parte a nosa profe, escolleu as postais gañadoras que protagonizarán o calendario do ano 2018, e aínda que a da nosa clase non resultou vencedora estamos moi contentos e contentas porque nos quedaron así de bonitas despois de tantos días de esforzo e traballo!


Tamén estamos moi felices porque hoxe recibimos este diploma que nos enviaron as asociacións Aloumiños e Cadelar por participar nas actividades que realizaron na nosa escola con Nuba. Moitísimas grazas!


Xa por último, antes de marchar, o noso compañeiro Alejandro alimentou aos nosos caracois. O que nin nós nin eles saben é que esta será a última comida na nosa aula. Mañá realizaremos unha actividade moi divertida para dar por rematado o noso proxecto e liberaremos no patio a estes animais dos que tanto aprendemos nos últimos meses!

Comentarios

  1. Bos días!!! Ese catálogo xa ten moi boa pinta, gústame o de non é xusto e sí e xusto para que se vaian dando conta. Xa nos enseñarás que chulo queda decorado o cole cas cousiñas que preparan os nosos nenos. Madre mía cando sepan que xa non van a ter mais os caracois na clase, como será a súa sopresa, a ver que tal levan soltalos no patio 😘😘

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, estanos quedando moi ben, alegrámonos de que vos estea gustando 😊 O cole está quedando moi navideño con todo o que estamos facendo, xa subiremos reportaxe fotográfica proximamente 😉 E o de soltar os caracois levárono ben, iso si, algúns/as pasaron o recreo observándoos no xardín e coidando de que ninguén os molestase 😍

      Eliminar
  2. ese catalogo xa esta moito mellor!!!moito mas xusto!!!e a postal chuliiisimaa quedou ehh !!!,seguro que queda un corredor moi alegre con esas mandalas!!!,uiuiuiuiui habera choros?? jajajaa a sorpresa coo sempre chulísima!! canto partido lle imos quitar!!! graaciassss!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, o noso catálogo vai ser moito máis xusto que os que vemos por aí 👏👏👏 Alegrámonos de que vos guste a nosa postal e as mandalas deste ano ⛄⛄⛄ E cos caracois non houbo choros, pero moitos coma Roi pasaron o recreo mirando os seus movementos no xardín 😂😂😂

      Eliminar

Publicar un comentario