NOVAS APORTACIÓNS AO PROXECTO!
Esta mañá fixemos a presentación oficial dos novos materiais que durante estes días foron chegando á nosa aula. Moitas grazas pola vosa axuda, familias! Canto estamos aprendendo do Universo grazas a vós! Nizar realizou na súa casa varios debuxos da Vía Láctea e outras galaxias que coñecemos durante esta semana. Grazas compañeiro! Roi mostrounos a súa particular versión do 'Big Bang' e regalounos unha gran explicación sobre como se formaron tódolos planetas do Sistema Solar a partir desa gran explosión. Grazas compañeiro! Mario tróuxonos un libro sobre o Universo co que seguiremos aprendendo máis sobre a temática protagonista do noso proxecto. Grazas compañeiro! Lucas mostrounos un libro que nos fala da formación do noso planeta e que, ademais, nos axudou a recordar o que ocorreu durante o 'Big Bang'. Grazas compañeiro! Xabi ensinounos un súper atlas espacial en 3D que nos axudará a saber máis do Sistema Solar e que nos dará moita ...