PRIMEIRA MISIÓN DE VALENTINA TERESHKOVA!
Esta mañá, nada máis entrar na aula, sorprendémonos ao atoparnos esta caixa na nosa alfombra! Traballiños, un libro de información, plastilina e globos... De onde podía vir? Por suposto, viña do Espazo!
Por que o descubrimos? Pois porque xunto a esta caixa, tamén chegou unha mensaxe dende algún punto do Universo. Como non podía ser doutra maneira, o vídeo só o puido filmar Valentina Tereshkova!
Por que o descubrimos? Pois porque xunto a esta caixa, tamén chegou unha mensaxe dende algún punto do Universo. Como non podía ser doutra maneira, o vídeo só o puido filmar Valentina Tereshkova!
Aceptada a misión, tiñamos que dar resposta á pregunta que nos formulou: "Como se formou o Universo?". Estabamos convencidos de que a resposta se atopaba no libro que nos enviou, así que un par de compañeiros puxéronse mans á obra! E vaia se a atoparon... Agora xa sabemos que a teoría que explica a formación do Universo é a do 'Big Bang' ou 'Gran Explosión'! Ademais deste, tamén consultamos outros libros que trouxeron outros Pondaliñ@s e, por suposto, vimos varios vídeos que explicaban este proceso.
Pero por se isto non era suficiente para comprender a teoría do 'Big Bang', despois do recreo decidimos vivenciala corporalmente no patio. Ata a semana que vén non teremos clase de psicomotricidade porque a profe Bea estalle botando unha man aos Pondaliñ@s de 3 anos co período de adaptación, polo que durante ese tempiño decidimos facer uns xogos no patio para sentir no noso propio corpo o que foi esa 'Gran Explosión' e tamén para vivenciar o movemento de rotación e traslación dos planetas, movemento do que xa nos falara algún Pondaliñ@ esta mesma mañá. Aquí nos tedes en pleno baile de corpos celestes!
E para rematar o día, completamos o traballiño que Valentina nos deixou e que formará parte do 'Libro do Universo' no que recompilaremos toda a información que vaiamos atopando para rescatar á nosa astronauta favorita. Aquí vos deixamos a Alejandro, o encargado de hoxe, en pleno proceso.
A ver que sorpresas nos esperan estes días! Seguiremos informando!
Wuuuooo que actividad más chula y que bien se la pasan esos nenos mientras aprenden 😎😊
ResponderEliminarQué bien, nos alegramos mucho de que os guste! 😊
EliminarQue genial a alex fixolle moita gracia o video a ver se mañan se encontra mellor e pode ir formar parte de ese universo
ResponderEliminarSeguro que si, temos que repetir a experiencia cando esteamos os 25, que esta semana estamos baixo mínimos! Aínda que Alejandro pode estar tranquilo que seguro que nos espera algunha que outra sorpresa estes días 😋
EliminarQue dibertido claudia puxose toda triste porque ela tamen queria estar ai. Pero bueno mañan haber se estamos un pouco mellor e nn temos tanta tis e xa volvemos o cole
ResponderEliminarNon pasa nada, volvemos facela cando Claudia estea de volta! E como lle dixen a Cris, que Claudia non se preocupe que aínda queda algunha que outra sorpresa para esta semana 😋
EliminarEla polo de pronto mañan vaivos lebar un sistema solar feito por nolas duas. Pa que vexad que estubemos traballando ainda estando enfermas
EliminarJajajaja, que xenial! 😍😍😍
EliminarQue actividade mais guay. Andrea xogou toda a tarde a eso. Veu moi contenta.
ResponderEliminarQue ben, alegrámonos moito! 😍
EliminarESES PLANETAS SI QUE MOLAN JIJIJIJIJIJIJI CREO QUE ME VOU VIVIR A ALGUN DELES JIJIJI
ResponderEliminarNon creo que ningún deses planetas teña problema en aceptarte como habitante 😋😘
Eliminar