DESPEGAMOS!
O noso proxecto sobre o Universo xa está máis que comezado, e como xa sabemos, tódalas nosas aprendizaxes destes próximos meses quedarán rexistradas no noso "Libro do Universo". Para identifcalo, tivemos que decorar unhas portadas moi espaciais que darán inicio a tódolos traballiños que vaiamos facendo durante este trimestre... Aquí nos tedes en acción!
Ademais, conforme fomos rematando as nosas portadas, por parellas coloreamos as letras que forman a palabra "UNIVERSO", e tamén uns debuxos relacionados con esta temática para identificar a zona na que recolleremos tódolos materiais que os Pondaliñ@s vaiamos traendo, e que usaremos na aula coma un recanto máis.
Co recuncho listo e coa portada do noso libro rematada, xa estamos preparados para recibir a nosa primeira misión! Chegará o luns? Pensamos que si! Cal será? Pronto o descubriremos...

Que ben traballan estes nenos. Asi da gusto.
ResponderEliminarA verdade é que si 😊
Eliminarsiii preparados pa despegar 1!! a donde imos?jijijiiji quedareime ca duda hasta lunes jijii
ResponderEliminarPronto o descubriredes 😉😋
EliminarCn estas profes a saber a donde imos, xa me vexo polo espacio jajjsjsj
ResponderEliminarAta o infinito e máis alá! 😛
Eliminar