COÑECEMOS A VALENTINA TERESHKOVA!

Durante estes primeiros días, para coñecernos mellor, estamos contestando a algunhas preguntas que a profe pegou a uns pauíños para saber un pouquiño máis dos demais Pondaliñ@s, e tamén das mestras. Pero sabedes quen máis decidiu facernos unha pregunta? O Señor do Tempo!

Si si, como escoitades... Este máxico ser volveu á nosa aula para deixarnos un pauíño moi especial. Queredes saber que foi o que nos preguntou?

Pois o Señor do Tempo quería saber... Sobre que queríamos aprender este curso! Por suposto, as nosas respostas foron múltiples e variadas: dragóns, búhos, focas, bolboretas, flores, cavernícolas, María Pita, Hércules, Minnie Mouse, Patrulla Canina... Pero houbo un tema que destacou sobre os demais: os planetas, as estrelas, o sol e a lúa e tamén os extraterrestres.

Por suposto, o Señor do Tempo estivo moi atento ás nosas respostas porque... Sabedes que ocorreu hoxe? Hoxe deixounos unha carta! Iso si, temos que falar con el porque petou tan pero tan forte na porta que algunhas compañeiras se asustaron e non querían saber nada deste vello amigo. Este Señor do Tempo ten demasiada forza...

Pero a carta non era del, senón que nola mandaba unha amiga súa. Chámase Valentina Tereshkova, e foi a primeira muller que viaxou ao espazo. Grazas ao seu traballo de astronauta puido viaxar en foguetes e naves espaciais, e así coñecer novos planetas, estrelas e galaxias, entre outros moitos astros. Pero Valentina ten un gran problema... Xa é maior e quere volver á súa casa no planeta Terra, pero non sabe en que parte do universo se atopa e pediunos axuda...

Claro, o Señor do Tempo contaríalle como lle axudamos a el a desenfeitizar o cole con todo o que aprendemos sobre o Antigo Exipto e tamén como lle axudamos ao Capitán Nemo a recuperar o seu caderno de anotacións sobre os tiburóns e as estrelas de mar. E agora ela tamén quere que lle botemos unha man!

Por suposto, os Pondaliñ@s aceptamos encantados a súa misión e xa estamos listos para poñernos mans á obra neste novo reto... Así que familias, durante este trimestre a temática do noso proxecto de aula será... O UNIVERSO!

Comentarios

  1. Cómo me gusta a temática elexida para este trimestre😍😍😍, xa nos podemos poñer mans a obra para buscar información, material ou calquer cousiña relacionada co tema, para que os pondaliños empecen a levar a clase. Seguro que a pesar dese sustiño de petar na porta, todos se alegran un montón de volver a saber do señor do tempo, e están moi contentos pola cousiñas que lles deixou 😘😘😘

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben, alegrámonos de que vos guste a temática deste trimestre! 😍 Si si, algúns Pondaliñ@s xa dixeron que ían buscar cousiñas pola casa e senón ir a comprar algo xa pola tarde relacionado co Universo 😆 Así dá gusto! 😊 A ver esta Valentina con que nos sorprende! 🤔😉😋

      Eliminar
  2. ayyyyyyy ese señor do tempo que forte petou naia non quere salar mais del nin saber nada del ,e encima quere q a acompañe a todos os sitios da casa,vaia susto pillou,pois a buscar todos a ver q aparece pola casa do universo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, a pobre Naia foi con diferencia a que máis susto levou e máis medo colleu 😟 Iso si, hoxe houbo algunhas Pondaliñas que me obrigaron a ter a porta da clase todo o día aberta, non se fiaban nadiña do Señor do Tempo 😆 Hoxe xa levaron a carta oficial para botarlle unha man a Valentina, seguro que mañá xa chegan cargadiños 😊

      Eliminar
  3. Andrea veu encantada co señor do Tempo. Hai que ir empezando a buscar cousiñas.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois a pobre Andrea tamén foi das que se asustou co peto, pero logo cando viu que case todos nos ríamos xa se uniu ela tamén a nós 😊 Si, xa vos facemos traballar desde principio de curso! 😋

      Eliminar
  4. pois siii encantanos a temática do cole !! aquí xa fixen un cumpleaños de Leo con esa temática jijiji asique xa mo pos fácil pa empezar jijii ese señor do tempo viñache ben forte jijiji creo que foi o que todos contaron o chegar 1 canto me rin..jijijijii

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben, alegrámonos de que vos guste! 😊 Si, xa nos informou Roi de que Leo é un gran experto no tema, así que teremos que falar con el a ver se quere prepararnos algo e facernos unha pequena exposición na clase 😋 Siii, o Señor do Tempo pasouse un pouquiño 🙈

      Eliminar
    2. sii que lle gusta moitooo e contalle a leo e deixao ca boca aberta jijiji creo que vai encantado jijiji

      Eliminar
    3. Pois xa falaremos esta semana con Leo para comentarlle a nosa idea 😍

      Eliminar

Publicar un comentario