O NOSO VERÁN... DO REVÉS!

Esta mañá, nada máis entrar na aula, atopámola así. Que pasou? Por que estaban todas as cadeiras sobre as nosas mesas? Ninguén entendía nada, pero todo tiña unha explicación...


De súpeto, a profe pediunos que estirásemos as nosas toallas de praia e que nos tumbásemos boca arriba sobre elas. Volvérase tola? De momento, a nós todo isto estábanos facendo moita graza...


E botando a vista cara arriba descubrimos que debaixo de cada mesa había varias cartolinas en branco! E a mestra xa estaba repartindo rotuladores... Que tiñamos que facer? Pois debuxar o mellor do noso verán! Así que nos puxemos mans á obra!





Nunca debuxáramos desta maneira tan peculiar, e mentres o facíamos escoitáronse frases tan memorables como: "Ai profe, eu fago o que podo". Probablemente non sexan os nosos mellores debuxos, pero ninguén nos quita as súper gargalladas que se escoitaron na nosa clase mentres simulábamos estar tomando o sol neses días de verán nos que tan ben o pasamos!

E para darlle o toque final a estes debuxos tan especiais... Acuarelas!





Ademais, temos unha moi boa noticia! Durante o 1º trimestre, a profe Rocío non será a única mestra da aula de 5 anos. Nós xa a coñecemos, pero queremos presentarvos a Brenda, unha alumna de prácticas da Universidade da Coruña que estará con nós ata Nadal! Benvida ao mundo dos Pondaliñ@s profe Brenda!

Comentarios

  1. Super divertida a actividade da toalla, encantoume, e Brenda benvida seguro q coa profe Rocio vas aprender moito, e cos nenos risas aseguradas, e q decir das namas, sempre dispostas a meter unha man

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben que vos gustase a actividade, os Pondaliñ@s pasárono en grande! 😊 Esperemos que Brenda se atope a gusto no cole e aprenda moito de nós e nós tamén dela e das súas ideas durante estes meses! 😉 E como profe Rocío, moitas grazas pola parte que me toca 😍 (Aínda que non saiba de quen vén a mensaxe 🤔)

      Eliminar
    2. Son a mama de naia non sei pq non sale o meu nombre jajajs

      Eliminar
    3. Pois moitas grazas pola parte que me toca Sandra! 😍 Seguro que foi porque non iniciaches sesión en Google co teu e-mail e por iso saes como descoñecida 😊

      Eliminar
  2. Sin dudas van ser unhas prácticas ben aproveitadas nunha aula tan grande, alex veu encantado ca idea de pintar asi

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, Álex divertiuse moito mentres debuxaba desta maneira tan peculiar! 😍 E claro que si, Brenda seguro que leva moitas experiencias dunha aula de 25 pipiolos! 😊

      Eliminar
  3. Q forma mais divertida de comezar a escola😆😆 Na nosa casa comezamos o curso con moitas ganas e ilusión e vexo que pola parte da profe tamen🤩🤩Benvida a Brenda,teño presentimento de seran 3 meses intensos cos pondaliños e a sua profe.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Siii, a verdade é que os Pondaliñ@s pasárono en grande 😍 E si, polo momento chegamos todos ao cole con moitas ganas e ilusión 😊 Seguro que será un 1º trimestre ben intenso, pero estamos seguros que todos aprenderemos un montón! 💪

      Eliminar
  4. jajajajajaja pois sii vaia forma mas divertida de pintar jajjajaja da gusto velos!! e benvida Brenda!!seguron que marchara enamorada dos nosos pondaliños jijii

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Siii, os Pondaliñ@s pasárono pipa! 🎉 E claro que si, quen non se pode namorar destes pipiolos? 😍

      Eliminar

Publicar un comentario