CREAMOS O NOSO PROPIO UNIVERSO!

Esta mañá, nada máis subir do recreo, vimos que algo ocorrera na nosa alfombra... Mirade que apareceu nela! Xunto a 25 botes cunhas tapas cheas de estreliñas e purpurina, atopábase unha caixa chea de material moi diverso: algodón, auga, colorantes, xeringas, recipientes... E xunto a todo isto, un par de exemplos do que estábamos a punto de crear... O NOSO PROPIO UNIVERSO! Máis concretamente, unha colorida e brillante nebulosa que formará parte do noso particular Universo!


Emocionámonos moitísimo ante a idea de crear o noso propio Universo, así que aceptamos este novo reto e puxémonos mans á obra!

Coa axuda das mestras, fomos creando a nosa propia nebulosa. Primeiro, coas xeringas e o colorante, tinguimos a auga de tres cores diferentes: vermello, azul e violeta. Logo, enchoupamos moito algodón neses recipientes e fómolo introducindo nos botes mentres tamén esparcíamos un montón de purpurina plateada no seu interior. E, por último, xabucamos ben o bote para que todo se misturase e así obter o noso propio Universo! Aquí vos deixamos unhas imaxes deste proceso!





E aquí tedes o resultado final! Agardamos que vos gustasen!





Mirádeas en conxunto, son espectaculares! 


Nós quedamos na aula cos dous exemplos que nos enviou o Señor do Tempo, xa que con actividades coma esta estamos aprendendo máis do Universo e, polo tanto, avanzando no rescate de Valentina Tereshkova. A partir de agora usarémolos tamén a modo de "Frascos da calma Montessori" para relaxarnos cando esteamos demasiado nerviosos na aula. Aínda non sabemos como, mañá descubrirémolo, e así tamén nos poderemos tranquilizar cando na casa esteamos un pouquiño máis inquedos do habitual. Xa vos contaremos! 

Comentarios

  1. Moi chulo!!!que cousiñas mais chulas lles enseñades. Claudia esta entusiasmada co tema. Nn sei no coke pero na casa nn paramos. 🤗🤗🤗

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alegrámonos de que vos gustase o Universo de Claudia! 😊 No cole tamén están os Pondaliñ@s súper motivados coa temática deste trimestre! 😍

      Eliminar
  2. Moi bonita a nebulosa. Andrea encantoulle.

    ResponderEliminar
  3. Preciisi o universo de Naia, bueno cando mo deixe ver pq non se pode tocar jajajs e xa decindo, mama temos q facer outra cousa po cole fsime suar, q sera o seguinte w faremos.....

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Jajajajaja, alégrome moito 😍 Están tódolos Pondaliñ@s moi metidos na temática! 😊

      Eliminar
  4. pois siiii que nebulosa mais chulísima lles quedou a todos, nos xa fixeramos na casa botes da calma tamen en botella de plástico jijij Roi ven tan emocionado que chega a casa e quere facer planetas,saber cousas dos planetas..o tema tenos emocionadosss

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben, alegrámonos moito 😊 Pois si, están súper súper motivad@s co Universo 😍

      Eliminar

Publicar un comentario