BENVID@S A UN NOVO CURSO!

O curso 2018/2019 xa está aquí, e iso só quere dicir que a partir de hoxe somos os veteranos e as veteranas de Educación Infantil. A nosa clase xa é a de 5 anos, somos os maiores! Este é o noso terceiro curso nesta escola e, polo tanto, o último coa profe Rocío. Así que intentaremos aproveitalo e desfrutalo ao máximo! Aquí vos deixamos a nosa primeira fotografía que dá comezo a un novo ano de aventuras!


Algunha cariña non se vos fai familiar? Claro, e que este curso temos un novo compañeiro! Xa somos 25! Chámase Alejandro e únese ao club dos Pondaliñ@s de 5 anos! Para darlle a benvida, agasallámolo cuns debuxos que xa levou para a súa casa transformados nun pequeno libriño! Agardamos que che gustasen moito! Benvido Alejandro!

Pero isto non foi todo no día de hoxe, ademais de descubrir e estrear os novos recantos e o seu novo mobiliario e material, tamén decoramos os nosos novos manteis. Para iso, antes de nada, recordamos un conto ben coñecido por todos nós: 'A que sabe a lúa?'.


Aquí nos tedes en pleno proceso! Ademais, aproveitamos estas imaxes para contarvos como quedan constituídos os novos equipos de traballo:

  • Equipo azul: Daniella, Aroa Vega, Brais Pérez, Naia, Alejandro Varela e Noa.
  • Equipo vermello: Brais Martínez, Leila, Zaira, Mario, Andrea e Roi.
  • Equipo verde: Lucas, Marta, Aroa Penedo, Nizar, Claudia e Martina.
  • Equipo amarelo: Xabi, Mariña, Izan, Alejandro Gil, Lucía, Alonso e Hugo.



Aquí vos deixamos o resultado final, que vos parecen?





E mañá máis e mellor, recordade que os Pondaliñ@s teñen unha nova misión: traer unha pequena toalla de praia. Que a ninguén se lle esqueza! Que faremos? Sorpresa, sorpresa!

Ademais, a profe estivo clasificando o material que as familias fóchedes aportando e atopouse cun pequeno problema. Dúas bolsas veñen sen nome! (Ou ela non llo atopou) Así que se algunha familia enviou material nunha bolsa de tea de cor azul da marca 'Sprinter' ou nunha bolsa de papel da marca 'Pablosky' que llo comente á profe en persoa, a través da axenda, cun comentario no blog... Moitas grazas!

Comentarios

  1. Dios como medraron estes pondaliños no veran e que ben decoraron os seus manteles

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, están enormes 😍 Alegrámonos de que vos gustasen os manteis! 😊

      Eliminar
  2. Cantas ganas de volver a ver o blog dos pondaliños. Qué guapos volveron todos do verán, e que maiores...encántame o mantel de a que sabe a lúa, quedou súper chulo. O que menos me gusta que xa sexa o último ano ca profe Rocío 😔, vainos a dar moita pena a todos...Pero eso a aproveitalo e a disfrutalo o máximo 😘😘😘😘

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Jajajaja, volve a adicción! 😂 (A profe tamén tiña un pouco de mono 🙈) Alegrámonos de que vos guste o mantel deste curso, e bueno, a profe Rocío tamén lle dá moita pena rematar ciclo, pero quedan moooooitos meses para desfrutalos un montón! 😊

      Eliminar
  3. olaaa!! xa con mono de blog jijiji !!!joo xa veteranos estes pondaliños !!cantas cousiñas nos esperan este novo curso!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Jajajaja, non o dubidaba 😂🙈 Siii, esperemos que sexa un curso fantástico e que o disfrutemos un montón! 😍

      Eliminar
  4. Hooola... Gracias por tan bonita bienvenida y por esos dibujos tan lindos, fue un hermoso detalle ☺ Alejandro llegó muy contento a casa

    ResponderEliminar

Publicar un comentario