NOVAS APORTACIÓNS AO PROXECTO!

Esta mañá fixemos a presentación oficial dos novos materiais que durante estes días foron chegando á nosa aula. Moitas grazas pola vosa axuda, familias! Canto estamos aprendendo do Universo grazas a vós!


Nizar realizou na súa casa varios debuxos da Vía Láctea e outras galaxias que coñecemos durante esta semana. Grazas compañeiro!


Roi mostrounos a súa particular versión do 'Big Bang' e regalounos unha gran explicación sobre como se formaron tódolos planetas do Sistema Solar a partir desa gran explosión. Grazas compañeiro!


Mario tróuxonos un libro sobre o Universo co que seguiremos aprendendo máis sobre a temática protagonista do noso proxecto. Grazas compañeiro!


Lucas mostrounos un libro que nos fala da formación do noso planeta e que, ademais, nos axudou a recordar o que ocorreu durante o 'Big Bang'. Grazas compañeiro!


Xabi ensinounos un súper atlas espacial en 3D que nos axudará a saber máis do Sistema Solar e que nos dará moita e nova información sobre tódolos planetas que xiran arredor do Sol. Grazas compañeiro!


Lucía veu á clase cun libro sobre o Universo cheíño de pegatinas que nos axudará a seguir aprendendo sobre todo o relativo ao Espazo. Ademais, mostrounos tódolos debuxos espaciais que realizou e coloreou na súa casa. Grazas compañeira!


Leila trouxo un CD con información sobre o Sistema Solar e que, por suposto, xa empregaremos a vindeira semana porque nos axudará a seguir avanzando nas nosas investigacións sobre o Universo. Grazas compañeira!


Naia atopou este extraterrestre no faiado da súa casa e quíxonolo traer á aula, e serveunos para comezar un novo debate: Os extraterrestres existen? E se existen, como son, onde viven...? Grazas compañeira!


Mariña chegou cargadiña con este globo terráqueo interactivo que lle deixou o seu irmán Brais, co que xa xogamos e con el xa escoitamos algunha que outra curiosidade do noso planeta. Grazas compañeira!


Alejandro, coa axuda da súa mamá, creou este espectacular Sistema Solar. Canto nos vai axudar a vindeira semana, xa descubriredes por que... Ademais, reciclou unha botella para transformala nun foguete espacial. Grazas compañeiro!


Claudia aproveitou os días nos que estivo enferma e non puido vir ao cole para crear, xunto á súa mamá, un fantástico Sistema Solar no que os planetas xiran arredor do Sol! Ademais, tróuxonos este espectacular meteorito! Parece real! Grazas compañeira!


Noa amosounos un gran panel de información sobre os meteoritos, e ademais na súa casa decorou un en papel! Así mesmo, tróuxonos unha táboa que nos encantou. Nela contábase que, segundo a nosa data de nacemento, estábamos asociados a algún dos elementos do Sistema Solar: ao Sol, á Lúa ou a algún dos diferentes planetas. Como moitos Pondaliñ@s non coñecíamos a data do noso aniversario, esta fin de semana a mestra Rocío púxonos deberes e temos unha misión para luns: traer por escrito o día e o mes no que nacemos. Prometeunos unha sorpresa a todos os que aprendésemos a data e a trouxéramos por escrito, así que a ver que ocorre a próxima semana con todo isto... Grazas compañeira!

Ademais, aproveitamos para contarvos que como a partir deste curso non teremos clase polas tardes, usaremos o areeiro nos recreos de pola mañá mentres dure este bo tempo. Xa comezamos esta semana, mirade o que pasou esta mañá:


Comentarios

  1. Ay o extraterrestre decia mama pero quero furmir cn el, e quero levalo cono fago jajajs e sii na nosa casa hay moitas preguntas sobre os extraterrestres e xa non sei w cintestar, con tanta axuda algo averiguaremose o areeiro xenial pasano pipa ainda q as namas despois temos q quitar areas hadta da cabeza pefo vale a pena

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. JAJAJAJA, pois aquí o temos no cole, polo momento o extraterrestre durme nunha mesa que tivemos que poñer no corredor porque xa non nos collen as cousiñas na clase 🙈

      E si, areas para a casa levan, pero non queirades saber as que quedan no patio e na alfombra da clase 😂😂😂

      Eliminar
  2. Que aproveiten o areeiro mentres esta o bo tempo que despois xa ven o inverno, a alex encantalle pero para hector tamen foi un descubrimento eata encantado

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, a tódolos Pondaliñ@s de Infantil lles encanta 😊

      Eliminar

Publicar un comentario