QUEN DIXO MEDO?

Fai tempo que aos Pondaliñ@s de 5 anos nos invitaron a formar parte da campaña "Quen dixo medo?", un programa de sensibilización contra a violencia de xénero.

Esta mañá, na nosa aula recibimos a Raquel e a Sandra, que viñeron contarnos "Quérote case sempre", a historia de amor entre Rita e Lolo, dúas personaxes que a pesar de ser moi diferentes quérense moito e adáptanse un ao outro para vivir en harmonía.


Despois duns minutos de conversa e reflexión, propuxéronnos crear aos nosos Lolos e Ritas particulares, así que nos puxemos mans á obra...

Entre coloreado e coloreado pegámoslle ollos:


Logo, colocámoslle as antenas:


Por último, decorámolas con pompóns e pegámoslle un depresor para transformalas en monicreques:


E este foi o resultado final:





Gustounos moito esta experiencia e pasámolo xenial! Agora só queda conseguir o libro para a nosa biblioteca de aula e así seguir reflexionando sobre este tema tan importante. Moitas grazas Raquel e Sandra pola visita!

Ademais, aproveitamos para contarvos que, como xa puidéchedes comprobar nas nosas axendas, esta mañá tamén enviamos ás nosas casas unhas cartiñas pedindo nova información sobre as baleas! Mirade a da nosa encargada de hoxe!


Este novo proxecto xa está en marcha! A ver con que nova información nos sorprenden os Pondaliñ@s a vindeira semana!

Comentarios

  1. Temos q decir q os papas destes nenos son estupendos gracias a Luís e xa os contará q pasou a balea. O club de ciencias espectacular encantados tan.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, a verdade é que foi unha gran experiencia que viñese Luis a contarnos a súa aventura coa balea 😍 E con respecto ao Club de Ciencias... Para o mes que vén máis e mellor!

      Eliminar

Publicar un comentario