A QUE XOGAMOS NA AULA?

Sabíades que os Pondaliñ@s despedimos a semana xogando e iniciamos unha nova do mesmo xeito? Non? Pois aquí volo contamos!

O pasado venres divertímonos cun dos xogos cos que nos agasallou o Apalpador! Tratábase dun xogo sensorial onde cos ollos cubertos por un anteface debíamos escoller as dúas texturas que fosen iguais, descartando a que fose diferente. Esperamos a nosa quenda, puxemos en marcha a nosa capacidade de atención e ampliamos o noso vocabulario (duro-brando, liso-rugoso, suave-áspero...) mentres o pasábamos xenial!





Esta mañá, o que fixemos foi xogar unha vez máis coas familias de números despois de realizar as rutinas da encargada, mais desta vez gravámolo para que nos vísedes en acción! Como vedes, no mesmo xogo podemos participar tódolos Pondaliñ@s se adaptamos os nosos retos e as nosas preguntas aos diferentes ritmos da aula. Mirade que ben o fixemos!

Comentarios

Publicar un comentario